Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino

O Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino é unha competición de hóckey a patíns disputado entre as seleccións femininas europeas. Esta competición dispútase cada dous anos e é organizada polo Comité Européen de Rink Hockey (CERH). A primeira edición tivo lugar en 1991.

Modelo:Competición deportivaCampionato de Europa de hóckey a patíns feminino
Imaxe
Tipocampionato Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1991 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialeurope.worldskate.org… Editar o valor en Wikidata

Historial

editar

A táboa que se presenta recolle o palmarés do Campionato de Europa dende a súa creación en 1991[1]. Aparecen tamén os resultados do campionato experimental que se celebrou na localidade alemá de Eldagsen en 1989 e na que se proclamou campioa a selección dos Países Baixos.

Edición Ano Sede Campión 2º clasificado 3º clasificado 4º clasificado
- 1989 Eldagsen (Alemaña)   Países Baixos   Inglaterra   Alemaña   Italia
I 1991 Xenebra (Suíza)   Italia   Países Baixos   España   Inglaterra
II 1993 Molfetta (Italia)   Italia   España   Países Baixos   Portugal
III 1995 Oviedo (España)   España   Italia   Suíza   Alemaña
IV 1997 São João de Madeira (Portugal)   Portugal   Italia   España   Países Baixos
V 1999 Springe (Alemaña)   Portugal   España   Alemaña   Italia
VI 2001 Molfetta (Italia)   Portugal   España   Alemaña   Francia
VII 2003 Coutras (Francia)   Alemaña   España   Portugal   Francia
VIII 2005 Mira (Portugal)   Francia   Portugal   España   Alemaña
IX 2007 Alcorcón (España)   Alemaña   España   Portugal   Francia
X 2009 Saint-Omer (Francia)   España   Francia   Alemaña   Portugal
XI 2011 Wuppertal (Alemaña)   España   Portugal   Alemaña   Francia
XII 2013 Mieres (España)   España   Portugal   Italia   Francia
XIII 2015 Matera (Italia)   España   Portugal   Italia   Alemaña
XIV 2018 Mealhada (Portugal)   España   Portugal   Italia   Francia
XV 2021 Luso (Portugal)   España   Portugal   Italia   Francia

Táboa de medallas

editar
Posición Selección       Total
1   España 7 5 3 15
2   Portugal 3 6 2 11
3   Italia 2 2 5 9
4   Alemaña 2 0 3 5
5   Francia 1 1 0 2
6   Países Baixos 0 1 1 2
7   Suíza 0 0 1 1
Total 10 10 10 30

Clasificación

editar

O Comité Européen de Rink Hockey elaborou unha clasificación de tódalas edicións do Campionato de Europa dende a súa creación ata 2015[2]. As seleccións reciben puntos segundo a posición final no campionato, de xeito que o 1º clasificado recibe 13 puntos, o 2º recibe 11, o 3º recibe 9, o 4º recibe 7, o 5º recibe 6, o 6º recibe 5, o 7º recibe 4, o 8º recibe 3, o 9º recibe 2 e do 10º en diante recibe 1 punto.

Clasificación 1991-2015
Posto Equipo Participacións Puntos
1   España 13 5 5 3 0 0 0 0 0 0 147
2   Portugal 13 3 4 2 2 1 1 0 0 0 126
3   Alemaña 12 2 0 4 4 1 1 0 0 0 101
4   Francia 11 1 2 0 5 2 0 0 2 0 88
5   Italia 9 2 2 3 1 0 1 0 0 0 87
6   Suíza 11 0 0 1 0 4 3 3 0 0 60
7   Inglaterra 10 0 0 0 1 3 3 3 0 0 52
8   Países Baixos 5 0 1 1 1 2 0 0 0 0 39
9   Austria 1 0 0 0 0 0 0 0 0 1 2
10   Suecia 1 0 0 0 0 0 0 0 0 1 2
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2008. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar