Camp d'Esports
O Camp d'Esports é un estadio de fútbol da cidade de Lleida, en Cataluña (España). É un recinto deportivo municipal que alberga os partidos do Club Lleida Esportiu, equipo que milita actualmente na Segunda División B.
Camp d'Esports | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°37′17″N 0°36′51″L / 41.621267, 0.614147 |
Localización | Travessera del Dr. Fleming, s/n, 25006; Lleida, España |
Construción | |
Inauguración | 1 de xaneiro de 1919 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 103 x 68 |
Capacidade | 13.500 |
Propietario | Concello de Lleida |
Localía | Unió Esportiva Lleida (1939–2011) Club Lleida Esportiu (desde 2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Camp d'Esports é un dos campos de fútbol máis antigos de España. Inaugurouse o 1 de xaneiro de 1919, e nel xogou un dos primeiros clubs de Lleida, o Joventut FC. O seu deseño correu a cargo do arquitecto leridano Adolf Florensa. Ademais de fútbol, o campo albergou outros deportes.
Co paso do tempo, o Camp d'Esports sufriu varias ampliacións e remodelacións, para dotalo dun maior aforamento. A maior renovación deuse en 1993, cando se homologou ás normas da Liga de Fútbol Profesional con medidas de seguridade, iluminación e eliminación das localidades sen asento.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camp d'Esports |