Cambados, Cambados

parroquia civil do concello de Cambados

Santa Mariña de Cambados é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cambados na comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 6.708 habitantes (3.210 homes e 3.498 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.005 habitantes.

Cambados
Interior da Igrexa de Santa Mariña Dozo.[1]
ConcelloCambados[2]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°30′48″N 8°48′56″O / 42.51328888, -8.81564247
Poboación6.708 hab. (2013)
Entidades de poboación4[2]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A parroquia de Santa Mariña toma nome da Igrexa de Santa Mariña Dozo, construción románica tardía do século XII, parcialmente derruída tras un incendio no século XIX, da que se conservan os impoñentes arcos de pedra e a torre almeada. Esta igrexa está ó pé do Monte da Pastora, que alberga unha pequena ermida e un miradoiro con vistas sobre a ría de Arousa e o casco urbano de Cambados.

Perfectamente visible dende o miradoiro atópase a torre de San Sadurniño, construción pertencente ó complexo defensivo de Compostela xunto coa torre da Lanzada e as torres de Oeste (Catoira). Esta torre está edificada nun illote ó pé do barrio de San Tomé e atópase parcialmente derruída, mantendo en pé dous dos muros perimetrais que configuran unha esquina. O illote é accesible a pé mediante unha ponte de recente construción.

No mesmo barrio de San Tomé, e mesmo en fronte ó porto homónimo, atópase o pazo de Montesacro e a súa escalinata imperial. Hoxe en día o pazo é propiedade da Igrexa e realiza labores de asilo dos anciáns.

Saíndo do barrio de San Tomé camiño do centro urbano, podemos percorre-la rúa do Hospital, con construcións típicas e varios pazos. Neste percorrido atópanse dúas capelas.

Xa no centro urbano, hai diversas prazas, pazos e casas señoriais, ademais da Igrexa parroquial de San Francisco e a reitoral contigua.

Avanzando cara ao barrio de Fefiñáns atopámonos co conxunto do pazo de Fefiñáns. Trátase dun enorme patio de armas de planta sensiblemente cadrada, delimitado no sur e leste polo pazo de Fefiñáns e ó norte pola igrexa de San Bieito, as dúas construcións renacentistas dos séculos XV e XVI.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cambados

editar
Lugares da parroquia de Cambados no concello de Cambados (Pontevedra)

Cambados | Fefiñáns | San Tomé do Mar | Santa Mariña Dozo

Parroquias de Cambados

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cambados

Cambados (Santa Mariña) | Castrelo (Santa Cruz) | Corvillón (San Amedio) | Oubiña (San Vicenzo) | Vilariño (Santo Adrián)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar