Calpurnio Sículo

poeta da Antiga Roma

Tito Calpurnio Sículo (en latín, Titus Calpurnius Siculus) foi un poeta latino, natural de Sicilia, de mediados do século I.

Calpurnio Sículo
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRoma
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpoeta e escritor
Na rede
Bitraga: 2613
editar datos en Wikidata ]
Clásicos en Galego 9. Poesía bucólica latina, de Virxilio, Calpurnio, Nemesiano etc.

TraxectoriaEditar

Coñécense del sete églogas (en latín, eclogae) que se inspiran nos Idilios do poeta grego Teócrito e sobre todo nas Bucólicas do latino Virxilio. Adóitase estar de acordo hoxe en que outras catro églogas que se lle adoitan atribuír son máis tardías e deben adxudicarse a Nemesiano. Non se coñece case nada sobre a súa vida, pero na súa obra destaca o seu entusiasmo pola ascensión ao trono de Nerón, que suscitaba as súas esperanzas. Fíxose famosa a súa descrición do novo anfiteatro de madeira construído polo novo emperador (o Coliseo non fora construído aínda).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar