Callophrys avis

especie de insecto

Callophrys avis

Adulto cerca de Castellar, Bages
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Xénero: Callophrys
Especie: C. avis
Nome binomial
Callophrys avis
Chapman 1909

Callophrys avis (Chapman, 1909) é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[1][2][3]

Distribución

editar

Moi restrinxida. En África distribúese por Marrocos e Alxeria: atópase en Tánxer, Alxer, Jenchela e Zerhoun. En Europa, por Francia, España e Portugal: Cáceres, Cádiz, Málaga, Teruel, metade oriental de Cataluña, sur de Portugal e desde os Pireneos Orientais até os Alpes Marítimos.[1]

Descrición

editar

Tamaño pequeno. Destaca a súa coloración verde do reverso (cunha pequena franxa descontinua branca nas ás posteriores), aspecto que na Península Ibérica soamente comparte con Callophrys rubi e lixeiramente con Tomares ballus, só que esta última especie tamén presenta tonalidades laranxa e as verdes están localizadas nas ás posteriores; en cambio é moi similar á primeira; para diferencialas con certeza tense que observar a pilosidade da fronte (espazo entre os dous ollos), vermello en C. avis, aínda que hai algunha outra pequena diferenza. Anverso uniforme de cor marrón escuro. Dimorfismo sexual case inexistente.

Eiruga

editar

Pouco coñecida; coa forma típica de licénido. Nunha das formas coñecidas é verde con ambas as franxas laterais máis claras e dúas máis dorsais da mesma tonalidade e punteadas de vermello.

Hábitat

editar

Zonas arbustivas e secas con abundancia de érbedo (Arbutus unedo), a principal planta nutricia da eiruga. Esta tamén se pode alimentar de Coriaria, Viburnum e Salvia.[1]

Período de voo e hibernación

editar

Unha xeración ao ano. Os imagos voan entre finais de marzo e mediados de xuño dependendo da localidade e da altitude. Hiberna como pupa.[1]

Comportamento

editar

Sobre arbóreas, as femias poñen os ovos en follas novas adxacentes a flores secas ou froitos, evitando plantas novas ou rebrotadas.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar