Calle 13 é unha banda de música urbana de Porto Rico encabezada por René Pérez Joglar, alcumado Residente, e o seu medio irmán Eduardo Cabra que se fai chamar Visitante.

A banda en Venezuela en 2009.

Traxectoria editar

René é cantante e compositor, e Eduardo canta os coros e é compositor, multiinstrumentista (piano, melódica, guitarras eléctricas etc.); a súa irmá Ileana Cabra, chamada PG-13, participa nalgunhas cancións como voz feminina. A banda gañou dez Premios Grammy Latinos e dous Premios Grammy, sendo así na música urbana os máximos gañadores do Grammy. En pouco tempo de traxectoria, o dúo popularizouse en América Latina. A banda foi fortemente influenciada por artistas como Vico C, Tego Calderón e Julio Voltio.

A banda caracterízase polo seu estilo musical ecléctico, a miúdo utilizando instrumentos non convencionais na súa música e a súa capacidade de abordar distintos temas. A banda tamén é coñecida polas súas letras satíricas, así como un comentario social sobre temas latinoamericanos e de cultura.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar