Call of Duty: World at War Final Fronts

Call of Duty: World at War Final Fronts é un videoxogo FPS (first person shooter) pertencente á serie Call of Duty, programado por Rebellion Developments e distribuído por Activision no ano 2007 para Playstation 2. Trátase dunha versión de Call of Duty: World at War adaptada ás capacidades técnicas da segunda videoconsola de Sony.

Call of Duty: World at War Final Fronts
Desenvolvedor(es)Rebellion Developments
Distribuidora(s)Activision
Compositor(es)Sean Murray
Lanzamento10 de novembro de 2008
Xénerovideoxogo de disparos en primeira persoa
Modos de xogovideoxogo para un xogador e modo cooperativo
Plataforma(s)PlayStation 2
editar datos en Wikidata ]

Sinopse

editar

Final Fronts conta cun modo dun xogador con 13 misións situadas no Pacífico e en Europa durante a segunda guerra mundial.

Recepción e crítica

editar

O xogo pasou desapercibido, cando PS2 xa comezara a reducir os lanzamentos de videoxogos. Recibiu un 45 por parte de IGN [1]. Gameplanet, en cambio, concedeulle un 90 [2].

Vendas

editar

As vendas ascenderon a 1 millón de copias [3].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  3. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28269