Caliborcia

especie de planta

A caliborcia ou mexacán, Heracleum sphondylium,[1] é unha planta bienal natural de Europa, excepto Islandia e Asia. Está moi estendida por pradarías e pasteiros, xunto a estradas, sebes e bosques.

Ilustración

Descrición editar

Herba moi robusta bienal ou perenne de vida curta. Ten o talo oco e alcanza os 6 a 12 dm de altura con follas pinnadas e pelosas, divididas en 5-7 lóbulos agudos ou compostos por 3-5 segmentos; ten umbelas dobres de até 20 cm de diámetro de flores brancas. Froitos pequenos elíptico a redondeado aplanado, glabro, amplamente alado. Florece a final de primavera e no verán.

Usos editar

Heracleum sphondylium contén como ingredientes activos un zume irritante (furanocumarina) e un aceite esencial, que pode ser utilizado na medicina herbal como hipotensor, estimulante e dixestivo. Pódese preparar como infusión, decocción ou tintura.

Na cociña pódense preparar os brotes en ensaladas. As sementes pódense facer macerar en alcol para preparar un licor agradable.

En Europa do Leste as follas ferméntanse para obter un tipo de cervexa (o parst ou bartsch).

Taxonomía editar

Heracleum sphondylium foi descrita por Carl Linné e publicada en Species Plantarum 1: 249. 1753.[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Heracleum sphondylium (Fam. Umbelliferae) e taxóns infraespecíficos = Heracleum sphondylium L.

n=11.[3][4]
Sinonimia
  • Heracleum alpinum subsp. benearnense Rouy & E.G.Camus en Rouy & Foucaud
  • Heracleum alpinum subsp. pyrenaicum (Lam.) Rouy & E.G. Camus en Rouy & Foucaud
  • Heracleum alpinum var. pyrenaicum (Lam.) Pers.
  • Heracleum austriacum var. elegans Crantz
  • Heracleum ceretanum Sennen
  • Heracleum granatense Boiss.
  • Heracleum longifolium Jacq.
  • Heracleum montanum Schleich. ex Gaudin
  • Heracleum panaces sensu Lange en Willk. & Lange
  • Heracleum pyrenaicum Lam.
  • Heracleum setosum var. granatense (Boiss.) Rouy & E.G. Camus en Rouy & Foucaud
  • Heracleum setosum Lapeyr.
  • Heracleum sibiricum subsp. longifolium (Jacq.) Arcang[4].

Propiedades editar

  • Ten propiedades hipotensoras, estimulantes e dixestivas.
  • O zume da planta pode provocar irritación e bochas na pel ao exporse ao sol (fotosensibilización).
  • En poboacións de Europa oriental e Asia preparaban unha cervexa cos talos fermentados, chamados o parst ou o bartsch dos polacos.
 
Flores.

Notas editar

  1. Guía das plantas de Galicia, Xosé Ramón García, 2008
  2. "Heracleum sphondylium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de xullo de 2013. 
  3. Proves Números cromosómicos para la flora española, 300-303. Pastor Díaz, J. (1984) Lagascalia 12(2): 279-280
  4. 4,0 4,1 "Heracleum sphondylium". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 21 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar