Calendario de Coligny

O calendario de Coligny é un tipo de calendario lunisolar galo atopado en Coligny (Ain, Francia) en 1897, xunto coa cabeza dunha estatua de bronce dunha figura masculina xuvenil.

Reconstrución do Calendario de Coligny.

Características editar

Consérvanse 73 fragmentos dunha placa de bronce de 1,48 m de ancho e 0,9 m de alto. A súa datación probable é de finais do século II.[1] Inclúe inscricións capitais en lingua latina e en lingua gala.[2] Contén dezaseis columnas verticais, con 62 meses distribuídos sobre cinco anos.

O arqueólogo francés J. Monard especulou sobre os druídas estiveron envoltos no seu gravado dado que desexaban conservar o seu calendario tradicional debido á inposición do calendario xuliano ao longo do Imperio Romano. Con todo, a forma xeral do calendario fai pensar nos calendarios públicos (ou parapegmata) atopados en distintas partes do mundo grego e romano.[3]

Atopouse un calendario similar preto de Villards d'Heriad, do cal só se conservan oito fragmentos pequenos. Actualmente está preservado no Musée d'Archéologie du Xura en Lons-le-Saunier.

Notas editar

  1. Lambert, Pierre-Yves (2003). La langue gauloise. Paris, Ediciones Errance. 2.ª edición. ISBN 2-87772-224-4. Capítulo 9 titulado "Un calandrier gaulois".
  2. Duval, Paul-Marie y Pinault, Georges (eds) (1986). Receuil des Inscriptions Gauloises (R.I.G.), Vol. 3: Les calendriers du Coligny (73 fragments) et Villards d'Heria (8 fragments). París, Ediciones du CNRS.
  3. Lehoux, D. R. Parapegmata: or Astrology, Weather, and Calendars in the Ancient World. PhD Dissertation, University of Toronto, 2000.