Abrir o menú principal

As calandretas son escolas bilingües en occitano e en francés, cun estatuto privado e asociativo. Naceron en 1979 en Pau (Occitania) inspirándose na lei Deixona (lei 51-46 de 11 de xaneiro de 1951), que regula o ensino das "linguas e dialectos" de Francia.

Segundo datos de 2015, as calandretas teñen escolarizados naquela altura a 3.614 estudantes en 62 centros educativos de primaria e tres colexios.[1]

A pesar de que non se integran na Educación Nacional, o servizo público de ensino francés, obtiveron un convenio co Ministerio de Educación, polo que respectan os programas oficiais de ensino.

Lista de centrosEditar

Escola Localización Estabelecemento Páxina web
Escòla Calandreta Gapiana Gap, Altos Alpes, Provenza-Alpes-Costa Azul calandreta-gapiana.fr
Escòla Calandreta la Granatiera Orange, Vaucluse, Provenza-Alpes-Costa Azul ecolecalandretaorange.com

NotasEditar

  1. Confederacion occitana de las Calandretas. "Qualques chifras" (en occitano). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2015. Consultado o 14 de outubro de 2015. Calandreta es:
    62 escòlas e 3 collègis repartits sus 18 departaments
    3614 enfants escolarizats