Cabo de Gata
O cabo de Gata é un cabo localizado no sur da Península Ibérica, fronte ao mar Mediterráneo, pertencente ao municipio de Níjar, na provincia de Almería, Andalucía. O cabo e a súa zona de proximidade forman parte do Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.
Tipo | cabo ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Almería, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | |||
Etimoloxía
editarTolomeo refírese ao cabo de Gata coma Charidemou Acra, que significa "o que o vento levou á beira do mar".
Con posterioridade, Aviano, na súa Ora maritima refírese a el como Iugum Veneris (Cabo de Venus), en referencia á deusa de orixe tartesa que os romanos identificaron con Afrodita. Para venerala levantaron un templo no Cerro da Testa.
A abundancia de ágatas no terreo, que dera lugar ao nome fenicio, fixo retomalo durante a Idade Media, sendo coñecido como Cabo das Ágatas. Por contracción fonética, acabou impoñéndose o que é empregado na actualidade.
Outra posibilidade que se baralla é que o termo veña dunha palabra latina adoptada polos árabes. De "capita" (lido esdrúxulo), pasaría en árabe a "qabta" por síncope do "i", o que sería actualmente un pleonasmo: o cabo de "Cabo" traducido.
Faro
editarEn 1863 foi construído o faro do cabo de Gata, de 18 metros de altura, con escintileos cada 30 segundos a máis de 50 metros sobre o nivel do mar, onde se pode observar desde 30 millas de distancia. No século XX acompañouse coa casa do faro e outras instalacións arredor.
Este faro foi construído sobre o castelo de san Francisco de Paula (1738), que máis tarde foi desartillado pola guerra da independencia de España.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo de Gata |