Coordenadas: 38°38′36″N 0°53′44″O / 38.6433, -0.895556

O Cabezo Redondo é un xacemento arqueolóxico da Idade do Bronce que se atopa nun cabezo a 2 km de Villena (Alacant). Non se trata dunha aldea, senón dun verdadeiro centro comarcal que estivo habitado entre os anos 1500 e 1100 a. C. e pertenceu probablemente á cultura argárica. Especúlase que as primeiras investigacións levounas a cabo Juan Vilanova i Piera cara ao 1870, aínda que foi o arqueólogo José María Soler quen comezou a estudalo sistematicamente en 1959 despois do descubrimento de varias pezas de metal (ouro, prata, cobre, etc.), chegando en 1963 o achado do Tesouro do Cabezo Redondo, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Villena[1]. Xa entón, gran parte do xacemento perdeuse debido ás canteiras de xeso existentes na zona, aínda que desde ese ano protexeuse e estudouse a área restante. Nos últimos anos, a Universidade de Alacant, xunto coa de Valencia e Granada, leva a cabo unhas xornadas anuais dirixidas por Mauro S. Hernández Pérez e axudado por Gabriel García Atiénzar e Virginia Barciela para seguir escavando e estudando o xacemento[Cómpre referencia]. Foi incluído no Conxunto Histórico-Artístico de Villena e declarado terreo de utilidade pública en 1968.[1] No ano 2010 comezou a súa rehabilitación integral tras unha subvención do Ministerio de Cultura.[Cómpre referencia]

Cabezo Redondo
Cabezo Redondo
Vista das escavacións levadas a cabo no poboado.
RexiónComunidade Valenciana,
España España
TipoXacemento arqueolóxico
Historia
MaterialTesouro do Cabezo Redondo,
Tear da Idade do Bronce
Fundadoséculo XVI a. C.
Abandonadoséculo XII a. C.
CulturasCultura argárica
Notas do sitio
DescubertoJuan Vilanova i Piera (1870)
ArqueólogosJosé María Soler García, Mauro S. Hernández Pérez
Vestixios arqueolóxicos achados no termo de Villena.

Características editar

O xacemento na súa orixe debía de ter un tamaño considerablemente grande, estendéndose por todo o cerro. Crese que aquí se concentrou a poboación de varios outros pequenos poboados e aldeas que existiron ao redor da antiga lagoa de Villena, xa que a súa fisionomía é distintiva dunha capital comarcal debido á súa posición central, a súa extensión, o urbanismo desenvolvido, a densidade de poboación e as intensas actividades agrícolas, gandeiras, metalúrxicas e téxtiles desenvolvidas alí.[2]

As casas encóstanse unhas a outras a modo de mazás separadas por rúas estreitas e empinadas, polas que tamén discorría a auga. As paredes das casas adoitaban estar enlucidas de vermello ou branco e no interior adoitaba aparecer un banco encostado a unha das paredes. Xunto a este banco atopábanse os fornos para traballar o metal ou o barro e os fogares para facer a comida. O teito das casas era plano e estaba lixeiramente inclinado seguindo a pendente da ladeira. Sostíñase mediante postes de madeira, algúns dos cales aínda se conservan.

As reconstrucións e remodelacións no tamaño e formas da maioría das casas explícanse polos abundantes incendios, favorecidos pola abundancia de materia orgánica no interior das casas, así como pola fraxilidade das paredes e os teitos.

As cerámicas achadas no xacemento son de gran calidade, algunha delas de complexa decoración. As características dos obxectos de óso, de pedra, ou de metal, entre os que destacan os coitelos e machadas de bronce e os adornos do mesmo metal ou de ouro e prata, indican ante unha cultura prehistórica, pero nada primitiva. Aínda que se descoñecía a escritura posuíase un elevado grao de desenvolvemento tecnolóxico e social.

Os enterramentos, atopáronse situados baixo as casas e acompañados dun rico enxoval. Uns colócanse no interior de grandes vasillas, outros nunha fosa, en ocasións rodeada de pedra, ou en pequenas covas.

Principais achados editar

 
Conxunto do Tesouro do Cabezo Redondo.
  • Tesouro do Cabezo Redondo: Composto de 35 pezas de adorno persoal (un diadema, aneis, brazaletes, colgantes, doas de colar, espirais, cintas e un pequeno lingote de ouro) que alcanzan os 150 g de peso.
  • Tear da Idade do Bronce: Recuperouse un tear e 48 pesas do mesmo na campaña estival do 2008, así como distintos fragmentos de pesas que permiten sinalar que os teares prehistóricos eran verticais, e que as pesas servían para tensar.[3]
  • Tesouro de Villena: Aínda que non se achou no Cabezo Redondo, senón na Rambla del Panadero, 5 km ao leste do poboado, a cronoloxía, o seu parecido ao Tesouro e a vasilla en que se achou parecen indicar que foi un ocultamento realizado por algún dos poboadores do Cabezo Redondo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Soler García. El oro de los tesoros de Villena. Valencia: Servicio de Investigaciones Prehistóricas de la Diputación Provincial de Valencia (Serie de trabajos varios; 36). 
  2. El tesoro de Villena: memoria redactada por José María Soler (htm) (en castelán). Madrid: Otra ed.: [Madrid], Ministerio de Educación Nacional, Servicio Nacional de Excavaciones Arqueológicas, D.L. 196, 75p,[42]p. de lám : il ; 25 cm (Excavaciones arqueológicas en España ; 36). 
  3. "Hallan un telar con cuarenta y ocho pesas en el yacimiento del Cabezo Redondo". 15 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar