Hermes (satélite artificial)

(Redirección desde «CTS»)

CTS, acrónimo de Communication Technology Satellite, coñecido tamén como Hermes, foi un satélite artificial da NASA e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 17 de xaneiro de 1976 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]

CTS / Hermes
Hermes en terra antes do lanzamento
TipoDemostrador tecnolóxico / Comunicacións
FabricanteCanadian Communications Research Center
OrganizaciónNASA, CSA
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento17 de xaneiro de 1976, 23:27 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 2914[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 17B[1][2]
Obxectivo da misiónProbas de novos conceptos en comunicacións.[1][2]
NSSDC ID1976-004A
Masa680 kg[1]
DimensiónsCilindro de 1,17 m de altura e 1,8 m de diámetro con paneis de 6,5 m de longo[1]
Datos orbitais
Semieixo maior42.147 km[4]
Inclinación10,1 graos[4]
Apoapse35.847,9 km[4]
Periapse35.706,1 km[4]

Características editar

Hermes foi un satélite experimental lanzado para probar o novedoso concepto, pola época, dun satélite emitindo en alta potencia para recepción en terra por parte de antenas parabólicas relativamente pequenas, concepto coñecido como DBS (Direct Broadcast Satellite). A técnica permitiría a recepción de televisión por satélite nas partes do Canadá fora das zonas urbanas.[1][2][3]

Necesítaronse novas aproximacións tecnolóxicas para a misión de Hermes:[1][2][3]

  • Paneis solares grandes e flexibles, capaces de xerar ata 1200 W de potencia para alimentar o transmisor. Os paneis foron proporcionados pola ESA. Os anteriores satélites de comunicacións usaban células solares pegadas á súa superficie, limitando a cantidade de enerxía que podían xerar.
  • Estabilización nos tres eixos para poder apuntar os paneis cara o Sol e apuntar o feixe de transmisión con precisión cara a Terra. Os anteriores satélites estabilizábanse mediante xiro.
  • O transmisor de alta potencia estaba equipado cun tubo de guía de ondas novo deseño que xeraba 200 W de potencia de transmisión e que foi proporcionado pola NASA.
  • Utilizouse unha nova banda de transmisión a entre 12 e 14 GHz para non interferir cos sistemas de microondas terrestres, o que permitía usar receptores terrestres en contornas urbanas.

O satélite dispoñía de dous transpondedores en banda Ku proporcionados tamén pola ESA, sendo o primeiro satélite de comunicacións en operar nesta banda. As probas de transmisión fixéronse en varias quendas e en campos tan diversos como a teleeducación, a telemedicina, as teleconferencias, as comunicacións entre comunidades e a tranmisión directa ao fogar. Hermes tiña forma de cilindro de 1,17 m de altura e 1,8 m de diámetro, con dous planos superficiais paralelos separados 1,72 m cortando as superficies curvadas do cilindro, planos paralelos tamén ao eixo do cilindro. Os paneis solares sobresaían 6,5 m cada un, cun ancho de 1,3 m. Os experimentos con Hermes acabaron en novembro de 1979.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (10 de xullo de 2019). "Hermes" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2019). "CTS" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CTS (Hermes)" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CTS" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  5. Claude Lafleur (2019). "CTS 1 / Hermes" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  6. "Letter dated 7 April 1976 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-08718). 29 de abril de 1976: 2. Consultado o 31 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar