CPI Tino Grandío
Coordenadas: 42°53′08″N 7°41′56″O / 42.8856626, -7.6989037
O Centro público integrado Tino Grandío é un colexio situado na localidade de Guntín de Pallares, concello de Guntín, na provincia de Lugo. Atópase a unha distancia de 200 metros da estrada N-640.
Organización e característicasEditar
O centro imparte ensinanzas de educación infantil, educación primaria e ESO. Conta cun total de 135 alumnos/as e 30 docentes (curso 2017/2018).
O actual edificio de educación primaria foi inaugurado no ano 1981 como colexio público de EXB. No curso 1998-1999 inaugurouse o edificio anexo no que se localizaron as ensinanzas de ESO. Ambos os dous edificios están unidos por un corredor no que se sitúan as aulas de educación infantil. A dotación de infraestruturas complétase cun polideportivo e un ximnasio na parte posterior dos edificios.
No ano 2001 o CP de Guntín pasou a denominarse CPI Tino Grandío na honra do pintor Tino Grandío, natural de Lousada, no concello de Guntín.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CPI Tino Grandío |