Club Esportiu Manacor
O Club Esportiu Manacor é un club de fútbol español da cidade de Manacor, na illa de Mallorca, Illas Baleares. Foi fundado en 1923 e actualmente xoga na Terceira División Española.
CE Manacor | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Esportiu Manacor | ||
Alcume(s) | Rojiblancos | ||
Fundación | 1923 | ||
Estadio | Na Capellera, Manacor, Baleares, España | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Juan Vicenç Acuñas | ||
Adestrador | Paco Acuñas | ||
Liga | 3ª − Grupo 11 | ||
2013−14 | 10º | ||
Na rede | |||
https://www.cdmanacor.es/ | |||
| |||
Historia
editarO 23 de xuño de 1923 foi inscrito o FC Manacor como equipo de fútbol e un ano despois incorporábase á Federación Catalá de Fútbol. Durante a década dos anos vinte tivo actuacións moi destacadas no campionato insular.
Ao longo dos anos corenta o CD Manacor converteuse nun dos mellores conxuntos das Illas, gañou o campionato rexional do ano 1945 (contra o Alaior), o de 1946 (contra o Ciutadella) e o de 1949 (tendo como rival o Menorca). Na tempada 1949-50 debutou en Terceira división e na tempada 1957-58 gañou a Copa Uruguai, dada polo cónsul deste país á Federación Balear de Fútbol.
Ata o 1970 o Manacor estivo vinte e unha tempadas consecutivas en Terceira División, salvo o campionato 1955-56, que xogou en Primeira Rexional Preferente. O éxito desta época foi compartido co Atlético Baleares nos diversos campionatos de liga. Os setenta foron anos de crise deportiva para o club enlos que tivo unicamente dúas participacións en Terceira División (1973-74 e 1978-79) con tan mala fortuna que o equipo non puido evitar os descensos consecuentes. Os anos oitenta foron unha época mellor para o club durante a cal conseguiu militar en Terceira División e lograr o seu primeiro ascenso a Segunda B. Nos anos noventa o club logrou dous novos ascensos a Segunda B aínda que en ningunha das ocasións logrou evitar o descenso.
O último ascenso a Segunda B foi na tempada 2010-11. Na tempada seguinte volveu a Terceira División.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branquivermella a franxas verticais, pantalón azul e medias branquivermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Na Capellera.
O seu estadio actual é o Estadio Na Capellera, propiedade do concello de Manacor e que dispón dunha capacidade para uns 3.000 espectadores.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 5
- Tempadas en 3ª: 50 (Incluída a 2011/12)
- Mellor posto na liga: 16º (Segunda división B española tempada 1985-86)
Xogadores destacados
editarPalmarés
editar- Terceira División Española (4): 1959-60, 1989-90, 1992-93, 2010-11
- Subcampión da Terceira División Española (4): 1982-83, 1983-84, 1991-92, 2004-05