Club Deportivo Castro
O Club Deportivo Castro é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1980 na vila de Castro de Ribeiras de Lea, no concello chairego de Castro de Rei. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Castro | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Castro | ||
Fundación | 1980 | ||
Estadio | Arturo Pereiro | ||
Inauguración | 2007 | ||
Capacidade | 1000 | ||
Presidente | José Ramón Vega Barja | ||
Adestrador | Rafa Casanova | ||
Liga | Preferente – Grupo Norte | ||
2022–23 | 1º | ||
Patrocinador | Bloques Cando | ||
| |||
Datos do clubEditar
Historial na ligaEditar
HistoriaEditar
Fundado no 1980 en Castro de Rei o CD Castro é un veterano do fútbol chairego, o zenit deportivo do conxunto foi o seu ascenso a Terceira división na tempada 2015-2016 sendo adestrador Iván Lamas, o baño no Río Asma marcando un tempo soñado.[1]
Nesta categoría na que duraría un ano (2016-2017) acadando o descenso no posto 17°, non podendo manterse na Preferente por moito dous anos máis tarde na tempada 2018-2019 outro descenso chegaría ós castrexos acadando o penúltimo posto da clasificación.
Durante o desenlace do Covid 19, os chairegos recuperarían a forma despois de atallar o impacto do descenso, despois do descanso da tempada 2020-2021 para toda a Primeira Galicia, exactamente na tempada 2021-2022 con Juan Peón coma adestrador o CD Castro aínda coa reestruturación da Primeira Galicia remataría líder do Grupo 3 do subgrupo B máis o ascenso á Preferente escaparía das súas mans quedando terceiros no grupo de ascenso por detrás da SD Pol e o Portomarín CF.[2][3]
Na tempada 2022-2023 da Primeira Galicia o CD Castro volvería a Preferente Galicia cun resultado histórico de 80 puntos(7 puntos sobre segundo clasificado o SD Chantada) dominando o subgrupo de Lugo baixo a dirección de Rafa Casanova dende a xornada 18, a derrota do Atlético Escairón segundo na xornada 33 da competición permitíndolle os de Castro de Rei durmir coas tarefas feitas o 14 de maio.[4][5]
NotasEditar
- ↑ "Histórico ascenso do Castro a Terceira". El Progreso. 15 de maio 2016. Consultado o 15 de maio 2023.
- ↑ "A Primeira Galicia tamén se divide en subgrupos, cun ascenso e un descenso". La Voz de Galicia. 22 de agosto 2021. Consultado o 15 de maio 2023.
- ↑ "Juan Peón dimite como entrenador del Castro". El Progreso (en castelán). 11 de xaneiro 2023. Consultado o 15 de maio 2023.
- ↑ "O Castro, a Preferente". El Progreso. 8 de maio 2023. Consultado o 15 de maio 2023.
- ↑ "O CD Castro ascende a Preferente e o Abadín regresa a Segunda". TerraCháXa (en castelán). 8 de maio 2023. Consultado o 15 de maio 2023.