O C.R.D.A. CANT Z.506 Airone (garza real) foi un hidroavión trimotor italiano producido por CANT a partir de 1935. Serviu como avión de transporte e de correos para a aeroliña Ala Littoria. Estableceu 10 récords mundiais en 1936 e outros 10 en 1937.[1] Durante a segunda guerra mundial foi usado como bombardeiro, avión de recoñecemento e avión de rescate no mar polas Regia Aeronautica e Regia Marina italianas, a Aeronáutica Cobelixerante do Sur, a Aeronáutica Nacional Republicana e a Luftwaffe. A súa produción iniciouse en 1935 e contruíronse 356 exemplares, 314 Z.506B e 40 Z.506C. A versión militar revelou ser un dos mellores hidroavións construídos. A pesar da súa estrutura de madeira era capaz de operar en mares moi axitados.[2] Varios Z.506S de rescate no mar permaneceron en servizo ata o ano 1959.[3]

CANT Z.506 Airone
Tipopatrulla marítima
FabricanteCANT
Deseñado porFilippo Zappata
Primeiro voo19 de agosto de 1935
Introducido1936
Retirado1959
Principais usuariosRegia Aeronautica
Unidades construídas356
VariantesCANT Z.1007

Notas editar

  1. Angelucci e Matricardi 1978, p. 194
  2. Gunston 1984 p. 216
  3. Mondey 1996 pp. 21-32

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Angelucci, Enzo and Paolo Matricardi. World Aircraft: World War II, Volume I (Sampson Low Guides). Maidenhead, UK: Sampson Low, 1978. ISBN 0-562-00096-8.
  • Gunston, Bill. Gli aerei della seconda guerra mondiale (en italiano). Milán, Alberto Peruzzo Editore, 1984.
  • Mondey, David. The Hamlyn Concise Guide to Axis Aircraft of World War II. Londres: Bounty Books, 2006. ISBN 0-7537-1460-4.