C.H. Cidade de Ourense
O Club de Hóckey Cidade de Ourense é un equipo de hóckey herba da cidade de Ourense. O seu equipo sénior compite actualmente na Primeira División Nacional, terceira categoría do hóckey herba español.
C.H. Cidade de Ourense | |
---|---|
Tipo | club deportivo |
Deporte | hóckey sobre herba |
Data de fundación | 2003 |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA andaina do Club de Hóckey Cidade de Ourense comezou no 2002, cando se comezou a proxectar a creación dun equipo sénior e as diferentes escolas e categorías inferiores que comporían o club. No 2003 o club foi inscrito no rexistro de asociacións deportivas da Xunta de Galicia co obxectivo de poder tomar parte nas distintas competicións que se disputarían na tempada 2003-04. Ese ano, na súa primeira participación, o xove club ourensán proclamouse campión da Liga Galega, ascendendo á Primeira División Nacional, categoría na que xoga dende aquela.