Manuel Córdoba

futbolista galego
(Redirección desde «Córdoba (futbolista)»)

Manuel Córdoba Piñón, nado en Vigo en 1898, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.

Modelo:BiografíaManuel Córdoba
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1924 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Real Club Fortuna de Vigo
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Córdoba xa xogaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en agosto de 1923 para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do cadro de xogadores deste. O equipo céltico era tan extenso, 64 xogadores, que se tiveron que facer dous equipos que puidesen facer viaxes polo Estado alternativamente, Córdoba sería o capitán do equipo B xunto a Juanito Clemente.

Este sistema de dous equipos funcionou durante os numerosos amigábeis que disputou o Celta de cara a seleccionar os xogadores que formarían parte do equipo que xogaría competicións oficiais, labor que cumpriu o técnico inglés Francis Cuggy. Finalmente Córdoba non entraría no equipo titular a causa da gran competencia con Queralt, Hermida, Máximo Costas ou Jacobo Torres.

Finalmente retirouse ao rematar a tempada 1923/24.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar