Cómbita

concello do departamento de Boyacá, Colombia

Cómbita é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado sobre a Troncal Central do Norte a uns 8,5 km da cidade de Tunja, capital do departamento, de cuxa área metropolitana fai parte Cómbita.

Modelo:Xeografía políticaCómbita
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°38′02″N 73°19′23″O / 5.6339, -73.3231Coordenadas: 5°38′02″N 73°19′23″O / 5.6339, -73.3231
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia do Centro Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie149 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.814 m Editar o valor em Wikidata
Creación1586 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcombita-boyaca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

O concello limita ó norte con Arcabuco e Sotaquirá, ó sur con Tunja e Motavita, ó leste con Tunja e Oicatá, e ó oeste con Arcabuco e Motavita.

Toponimia editar

O topónimo «Cómbita» provén do nome da tribo que habitaba no lugar antes da chegada dos españois, é unha palabra que en muysc cubun (lingua muisca) significa «forza do cume».

Historia editar

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Cómbita estivo habitado polos muiscas tributarios do Zaque de Hunza (actual Tunja). En 1586, estabelecéronse na zona os pais Agostiños Recoletos, quen administraron a poboación até 1764. En 1776, o arcebispo de Santafé de Bogotá, don Agustín Alvarado e Castelo, ditou un decreto para que se creasen novas parroquias «onde queira que as pidan os fregueses». Foi entón cando os habitantes de Cómbita solicitaron que o seu casarío fose elevado á categoría de parroquia.[1]

Notas editar

  1. "Páxina oficial da Alcaldía Municipal - Información xeral - Historia (Consultado o 5 de febreiro de 2018).". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 20 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas editar