César Santiso

político español

Cesar Santiso Corral, nado en Huesca[1] o 21 de xuño de 1968,[2] é un político galego, candidato e líder por Esquerda Unida-Os Verdes nas eleccións municipais de 2011 ao Concello da Coruña.

César Santiso
César Santiso
Santiso durante o xuízo do Prestige


Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
por Esquerda Unida-Os Verdes
2011 – 2015

Datos persoais
Nacemento 21 de xuño de 1968 (55 anos) Huesca, España España
Partido Esquerda Unida
Profesión Técnico Superior en Informática, político

Traxectoria editar

Fillo de militar, naceu en Huesca e criouse no barrio de Monte Alto.[1] É Técnico Superior en Informática de Xestión.[2] Acadou uns resultados históricos para Esquerda Unida coa obtención do seu primeiro edil.

En 2015 anunciou que renunciaba a se presentar nas eleccións municipais dese mesmo ano por motivos de saúde[3] mais continuaría a prestar o seu apoio público ao partido.

Após o seu paso polo Palacio de María Pita pasaría a formar parte da Asemblea Cidadá de Carral[4].

Notas editar