César Parapar Sueiras
carpinteiro e político galego
César Parapar Sueiras, nado en Viveiro en 1901 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Viveiro, España |
Morte | 17 de decembro de 1936 (34/35 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, político |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Traxectoria
editarCarpinteiro. Pasou un tempo na emigración en Cuba e alí foi un dos membros fundadores da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana en 1920,[1] volvendo a Galicia o ano seguinte. Membro da Irmandade da Fala de Viveiro e despois secretario de actas do Grupo Galeguista de Viveiro. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1934 foi nomeado concelleiro de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 17 de decembro de 1936 con 35 anos.
Notas
editar- ↑ Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais, p. 299.