César Morgado
futbolista español
César Morgado Ortega, nado en Barcelona o 26 de xaneiro de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa no Lugo, da Primeira División RFEF. É fillo do exfutbolista Sergio Morgado, que xogaba tamén como defensa.
César Morgado | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | César Morgado Ortega | ||
Nacemento | 26 de xaneiro de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
Flecha Negra | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2014 | Badajoz CF | 6 | (1) |
2014–2015 | Córdoba B | 32 | (2) |
2015–2016 | Mérida | 35 | (7) |
2016–2017 | Cultural Leonesa | 9 | (0) |
2017 | Villanovense | 19 | (1) |
2017–2018 | Valencia Mestalla | 18 | (1) |
2018–2021 | CD Badajoz | 80 | (6) |
2021–2023 | Sabadell | 41 | (4) |
2023– | Lugo | 20 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de marzo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezou a súa carreira como futbolista no Badajoz CF, da Terceira División, e en 2014 iniciou un periplo de oito anos por diferentes equipos da Segunda División B (Córdoba B, Mérida, Cultural Leonesa, Villanovense, Valencia Mestalla e CD Badajoz). En 2021 fichou polo Sabadell, da nova Primeira División RFEF, no que militou durante dous anos. No verán de 2023 asinou como novo xogador do Lugo, da mesma categoría.[1]
Notas editar
- ↑ "César Morgado, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 12 de marzo de 2024.