César Luaces Alonso
enxeñeiro naval e político galego
César Luaces Alonso-Magadán, nado o 31 de xaneiro de 1859 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1916, foi un político e enxeñeiro naval galego.
César Luaces Alonso | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de xaneiro de 1859 |
Falecemento | 18 de decembro de 1916 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e enxeñeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Militante do Partido Conservador e amigo de Gabino Bugallal, foi elixido deputado polo distrito da Fonsagrada nas eleccións de 1899. Foi senador pola provincia de Ourense de 1903 a 1916.