Abrir o menú principal

César González-Seco Romero

avogado, impresor, xornalista e político galego

César González-Seco Romero, nado en Mondoñedo o 20 de decembro de 1877 e finado na mesma vila o 19 de febreiro de 1921,[1] foi un avogado, impresor, xornalista e político galego.

César González-Seco Romero
Nacemento20 de decembro de 1877
 Mondoñedo
Falecemento19 de febreiro de 1921
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Nazario González-Seco Villar. Licenciouse en dereito na Universidade Literaria de Valladolid en 1898. Propietario dunha imprenta en Mondoñedo na que se editaron o Boletín Oficial del Obispado, Heraldo de las Prisiones, Galicia Pintoresca, El Eco de Villalba, El Agricultor de Riotorto, El Eco de Puentedeume, El Regenerador de Ferreira do Valadouro e Brisas del Oro. Fundou e dirixiu De Todo un Poco e Mondoñedo. Foi fiscal municipal e en 1915 foi elixido deputado provincial. Reorganizou o Orfeón Pacheco, organizou seccións de declamación e participou en festas populares. Foi organizador da Banda municipal á que achegou donativos. Foi Presidente da Sociedad de Obreros Católicos, reformando o seu regulamento e emprendendo obras de embelecemento. En 1911 montou unha fábrica de chocolates finos, chamada “La Mindoniense”

Casou con Josefa Seoane Hermida en 1905.

NotasEditar

  1. El Compostelano, 25-2-1921, p. 2

Véxase taménEditar