El Eco de Puentedeume
El Eco de Puentedeume foi un periódico editado en Pontedeume entre 1906 e 1908.
Historia e características editar
Apareceu o 4 de febreiro de 1906. Fundado por Edmundo Roberes Alonso e Antonio Couceiro Freijomil, foi dirixido por Edmundo Roberes. Tiña inicialmente unha periodicidade quincenal, ata que a partir do número 25 correspondente ao 3 de febreiro de 1907 saíron tres números mensuais. Sostivo numerosas campañas críticas. A partir do número 83 do 1 de novembro de 1908 cambiou o seu nome polo de Galicia Pintoresca. O 20 de febreiro de 1910, no canto do número 123, saíu unha folla comunicando a suspensión da revista.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.