Bylatyan Oyuunskay

Bylatyan Oyuunskay (en iacut: Былатыан Ойуунускай), pseudónimo de Platon Alekseevich Sleptsov (Платон Алексеевич Слепцов), nado en Cherkyokh o 11 de novembro de 1893 e finado en Yakutsk o 31 de outubro de 1939, foi un político, escritor e tradutor iacut, considerado un dos fundadores da literatura moderna iacut, da organización da República Autónoma Iacut mais da Unión de Escritores de Iacutia.[1]

Bylatyan Oyuunskay
Слепцов (Ойунский) Платон Алексеевич.jpg
Nacemento10 de novembro de 1893
Lugar de nacementosen etiquetar
Falecemento31 de outubro de 1939
Lugar de falecementoYakutsk
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
EtniaIacutos
Alma máterTomsk State Pedagogical University
Ocupaciónpoeta, tradutor, dramaturgo, figura pública, filólogo e político
FillosSardana Oyunskaya
editar datos en Wikidata ]
Bylatyan Oyuunskay en 1921

TraxectoriaEditar

De 1914 e 1917 estudou no Seminario de Maxisterio de Yakutsk e entre 1917 e 1918 no Instituto Pedagóxico de Tomsk. Membro do Partido Comunista dende 1918 dirixiu en 1922 o Consello de Comisarios do Pobo e en 1923 o Comité Central Executivo da RSS de Iacutia. Entre 1928 e 1931 foi comisario de educación e saúde de Iacutia e dende 1935 foi o primeiro director do Insitituto de Lingua e Cultura de Iacutia. Foi deputado do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938).

Publicou o seu primeiro poema en 1917 e dous anos despois un dos máis coñecidos "Син биир буолбаат?", que tivo gran popularidade en Iacutia. Escribiu novelas, dramas e numerosos relatos. Como etnógrafo recolleu e publicou poemas épicos de Olonkho en Дьулуруйар Ньургун Боотур e Туналыйбыт ньуурдаах Туйаарыма Куо. Xustificou o uso do verso silábico-tónico na lingua iacut. Tamén traduciu clásicos da literatura rusa e mundial ao iacut. O 3 de febreiro de 1938 de volta da primeira sesión do Soviet Supremo o NKVD arrestouno[2] en Irkutsk acusado de dirixir unha organización nacionalista burguesa contrarrevolucionaria. Morreu na cadea ao ano seguinte. A súa figura rehabilitouse o 15 de outubro de 1955.

NotasEditar

  1. "ОЙУУНСКИЙ Платон Алексеевич — Платон Ойуунский" Arquivado 29 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Якутский государственный литературный музей имени П. А. Ойунского.
  2. Ойунский (наст фам. Слепцов) Платон Алексеевич Виртуальный музей ГУЛАГа.