Richard Andrew "Butch" Johnson, nado o 30 de agosto de 1955 en Worcester, Massachusetts é un arqueiro norteamericano.

Infotaula de personaButch Johnson
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Worcester, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueiro Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportetiro con arco Editar o valor em Wikidata
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000archery at the 2000 Summer Olympics – men's team (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
28 de xullo de 1996archery at the 1996 Summer Olympics – men's team (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Residente en Woodstock, no estado de Connecticut. Competiu nas olimpíadas cinco veces, e foi parte do equipo estadounidense que logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1996 e a de bronce nos do ano 2000. Comezou a destacar en competicións nacionais en 1973 ao gañar o campionato nacional en pista cuberta[1].

Olimpíadas de 1992 editar

Participou por primeira volta nuns xogos olímpicos en Barcelona 1992 con 36 anos, acabou 18º na competición individual e competiu tamén co equipo norteamericano canda Rick McKinney e Jay Barrs que quedou na sexta praza.

Olimpíadas de 1996 editar

Nas olimpíadas de 1996 de Atlanta gañou na medalla de ouro por equipos, con Justin Huish e Rod White. Na competición individual finalizou en décimo primeira posición.

Olimpíadas de 2000 editar

Xa na tempada anterior ás olimpíadas lograra nos campionatos mundiais de 1999 celebrados na localidade francesa de Riom a medalla de bronce en equipos, con Jay Barrs, Vic Wunderle e Jason McKittrick. Xa nas olimpíadas volveu repetir posto, o terceiro, en equipos desta volta con Rod White e Vic Wunderle. Na competición individual foi décimo noveno.

Olimpíadas 2004 editar

No xogos Olímpicos de 2004 eliminouno por sorpresa Ron van der Hoff con 135-145 na rolda 64ª, situándose no 52ª da clasificación individual masculina de tiro con arco. Máis tarde, quedou 4ª como membro do equipo norteamericano.

Olimpíadas de 2008 editar

No Xogos Olímpicos de 2008 celebrados en Pequín Johnson rematou na rolda de clasificación cun total de 653 puntos, que lle deu 40 para a competición final contra Andrey Abramov na primeira rolda. Ámbolos dous marcaron 109 puntos e tiveron unha rolda extra, na que Abramov marcou 25 puntos, mentres Johnson pasou para á seguinte fase, con 26 puntos. Enfrontouse con Im Dong-Hyun, que o superou 115-106.

Xunto con Brady Ellison e Vic Wunderle tamén tomou parte na competición por equipos. Cos seus 653 puntos da rolda de clasificación combinados cos 664 de Ellison e os 652 de Wunderle os norteamericanos quedaron en 10ª posición tras a rolda de valoración. Na primeira rolda non foron quen de superar o equipo da China Taipei que gañou o enfrontamento por 222-218[2].

Despois das Olimpíadas editar

Foi segundo no Campionato Nacional de Tiro con arco de 2012 e logrou unha medalla de prata no a no 2012 Hoyt World Open, perdendo só co número un mundial, Brady Ellison. Traballa como responsable dunha tenda de material de tiro con arco[3]. Foi un dos colaboradores[4] do libro Archery. The Ultimate Resource for Recurve and Compound Archers editado en 2012 por USA Archery.

Notas editar