Unha burletta (do italiano, pequena broma), ás veces chamado tamén burla ou burlettina, é un termo musical referido xeralmente a unha breve ópera italiana (ou, posteriormente, inglesa). O termo foi empregado no século XVIII para referirse aos intermezzo cómicos representados entre os actos dunha ópera seria, mais ás veces convertéronse en traballos maiores; La serva padrona de Pergolesi foi denominado burletta na súa estrea en Londres en 1750.

En Inglaterra o termo comezou a ser empregado, a diferenza do burlesque, para obras líricas satíricas mais sen empregar parodia musical. As burlettas en inglés comezaron a aparecer nos anos 1760, sendo a primeira identificada como tal Midas, de Kane O'Hara, representada por primeira vez de xeito privado en 1760 preto de Belfast, e producida no Covent Garden en 1764. A forma envileceuse cando o termo burletta comezou a ser empregado para as ballad operas cómicas inglesas, como un xeito de evadir o monopolio na ópera de pertencente ao Covent Garden e ao Drury Lane. Logo da derogación da Licensing Act de 1737 en 1843, cando o uso do termo decaeu.

A palabra burletta foi tamén usada para scherzo -como música instrumental por compositores como Max Reger e Bartók. En América, a palabra foi ás veces usada como unha alternativa ao burlesque.

Lista de burlettas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar