Oficina Internacional de Pesos e Medidas

A Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM, polas súas siglas en francés, Bureau International des Poids et Mesures) é unha organización intergobernamental,[1][2] coordinadora mundial da metroloxía. A súa sede está localizada en Saint-Cloud, nos arredores de París.

Modelo:Xeografía políticaOficina Internacional de Pesos e Medidas
Imaxe

Localización
Mapa
 48°49′44″N 2°13′10″L / 48.829, 2.21956
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación20 de maio de 1875 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

Sitio webbipm.org… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX145276
Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia.

Historia

editar

A BIPM creouse o 20 de maio de 1875, trala sinatura da convención do metro, tratado entre 59 estados membros.[3]

Ten a súa sede no Pavillon de Breteuil en Saint-Cloud, Francia, lugar de 4,35 hectáreas (orixinalmente 2,52 ha)[4] cedido polo goberno francés en 1876. Dende 1969 o Pavillon de Breteuil está considerado territorio internacional e a BIPM ten todos os dereitos e privilexios concedidos a unha organización intergobernamental.[5] O status foi aclarado posteriormente polo decreto francés número 70-820 do 9 de setembro de 1970.[4]

Funcións

editar

A BIPM ten a orde de achegar as bases para un sistema de medidas único e coherente en todo o mundo, identificable co Sistema Internacional de Unidades. Esta misión toma formas diferentes, dende a divulgación directa das unidades á coordinación mediante comparacións dos estándares de medida nacional, como no caso da electricidade.

O principal traballo da BIPM inclúe:[6]

  • Actividades científicas e técnicas levadas a cabo nun dos seus catros departamentos: química, radiación, metroloxía e tempo.
  • Traballos de comunicación e coordinación.
  • Programas de transmisión do coñecemento.
  • Fontes que proporcionan bases de datos e publicacións para metroloxía internacional.

A BIPM ten un papel importancia no mantemento da hora en todo o mundo. Combina, analiza e calcula os estándares do tempo atómico oficial dos países membros arredor do mundo para crear un tempo universal coordinado (UTC) único e oficial.[7]

  1. Pellet, Alain (2009). Droit international public. LGDJ. p. 574. ISBN 978-2-275-02390-8. 
  2. Schermers, Henry G. (2018). International Institutional Law. Brill. pp. 302–303. ISBN 978-90-04-38165-0. 
  3. "Brief history of the SI". BIPM. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Page, Chester H; Vigoureux, Paul, eds. (20 de maio de 1975). The International Bureau of Weights and Measures 1875–1975: NBS Special Publication 420. Washington, D.C.: National Bureau of Standards. pp. 26–27. 
  5. "History of the Pavillon de Breteuil". BIPM. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  6. "BIPM: Our work programme". BIPM. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  7. "Time Coordinated Universal Time (UTC)". BIPM. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar