Abrir o menú principal

Burhinidae

(Redirixido desde "Burínidos")
Burhinidae
Rango fósil: Oligoceno tardío - presente
Burhinus grallarius
Burhinus grallarius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Chionidi
Familia: Burhinidae
Mathews, 1912
Xéneros

Os Burhinidae (burínidos[1]) son unha familia de aves da orde Charadriiformes, denominados pernileiros ou alcaraváns, que se encontran nas rexións tropicais e temperadas do mundo, cunha especie que vive en Galicia, Burhinus oedicnemus, o pernileiro común de Eurasia. Aínda que o grupo foi considerado de aves limícolas, a maioría das especies teñen preferencia por territorios áridos ou semiáridos.

DescriciónEditar

Son aves de tamaño medio a grande con peteiros fortes negros ou con tons amarelos, grandes ollos amarelos —que lles dan unha aparencia reptiliana— e plumaxe críptica. Estas aves recibiron o nome de pernileiros[2][3] ou alcaraváns.[4][5] Teñen articulacións moi prominentes nas patas.[6]

ComportamentoEditar

Son en gran medida nocturnos, particularmente cando emiten os seus sons queixumentos e altos, que lembran ao do mazarico real.[7] A dieta consiste principalmente en insectos e outros invertebrados. As especies grandes tamén comen lagartos e mesmo pequenos mamíferos.[7] A maioría das especies son sedentarias, pero o Burhinus oedicnemus é un migrante de verán na parte da súa área de distribución da Europa temperada, que inverna en África.

EspeciesEditar

Un xénero fósil denominado Wilaru, descrito a partir de restos do Oligoceno tardío e Mioceno temperán de Australia, foi orixinalmente clasificado como un pernileiro; porén, argumentouse despois que era membro da familia Presbyornithidae dos Anseriformes.[8] As dez especies actuais, clasificadas nos xéneros Burhinus e Esacus, son:

Imaxe Nome científico
  Burhinus oedicnemus
  Burhinus indicus
  Burhinus senegalensis
  Burhinus vermiculatus
  Burhinus capensis
  Burhinus bistriatus
  Burhinus superciliaris
  Burhinus grallarius (antes B. magnirostris).
  Esacus recurvirostris
  Esacus magnirostris

NotasEditar

  1. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 4. Páxina 113. ISBN 84-7680-288-9 (da obra); 84-7680-292-7 (do tomo)
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pernileiro.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcaraván.
  5. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  6. Kochan, Jack B. (1994). Feet & Legs. Birds. Mechanicsburg: Stackpole Books. ISBN 0-8117-2515-4. 
  7. 7,0 7,1 Harrison, Colin J.O. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. pp. 105–106. ISBN 1-85391-186-0. 
  8. Vanesa L. De Pietri, R. Paul Scofield, Nikita Zelenkov, Walter E. Boles and Trevor H. Worthy (2016). "The unexpected survival of an ancient lineage of anseriform birds into the Neogene of Australia: the youngest record of Presbyornithidae". Royal Society Open Science 3 (2): 150635. doi:10.1098/rsos.150635. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Vídeos en the Internet Bird Collection