Bullet with Butterfly Wings
«Bullet with Butterfly Wings» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Sinxelo de The Smashing Pumpkins | |||||
do álbum 'Mellon Collie and the Infinite Sadness' | |||||
Lanzamento | outubro de 1995 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1995 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:16 | ||||
Discográfica | Virgin Records | ||||
Produtor(es) | Flood, Alan Moulder e Billy Corgan | ||||
Escritor(es) | Billy Corgan | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Bullet with Butterfly Wings" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Apareceu orixinalmente no seu álbum de 1995 Mellon Collie and the Infinite Sadness, do cal foi o seu principal sinxelo. Este sinxelo formou parte posteriormente do box set The Aeroplane Flies High, e o tema aparece tamén no álbum de grandes éxitos Rotten Apples. A canción gañou en 1997 o Grammy á mellor actuación de Hard Rock. "Bullet with Butterfly Wings" foi o primeiro hit da banda en entrar no Top 40 estadounidense, chegando ao número 22 na Billboard Hot 100.
Vídeo
editarO vídeo musical da canción, dirixido por Samuel Bayer, ten fortes elementos conceptuais. A parte visual do vídeo está inspirada en documentais sobre minas de diamantes, mentres que, en contraste, a banda usa o vídeo para estrear o seu novo aspecto glam rock, destacando Billy Corgan coa súa camisela negra coa palabra "Zero" en prata, e os seus pantalóns prateados. O vídeo tamén é o último antes de que Corgan decidise raparse a cabeza.
Listaxe de cancións
editarListaxe do sinxelo
editarOs seguintes temas aparecen no sinxelo orixinal:
- "Bullet with Butterfly Wings" (Billy Corgan) - 4:16
- "...Said Sadly" (James Iha) - 3:09
Listaxe do The Aeroplane Flies High
editar- "Bullet with Butterfly Wings" (Corgan) - 4:16
- "...Said Sadly" (Iha) - 3:09
- "You're All I've Got Tonight" (Ric Ocasek) - 3:10
- "Clones (We're All)" (David Carron) - 2:43
- "A Night Like This" (Robert Smith) - 3:36
- "Destination Unknown" (Dale Bozzio/Terry Bozzio/Warren Cuccurullo) - 4:14
- "Dreaming" (Debbie Harry/Chris Stein) - 5:11
Aparición noutros medios
editarA canción foi usada lixeiramente modificada como cabeceira do programa de televisión Animal Planet na súa serie Whale Wars, o cal seguía á tripulación do barco da Sea Shepherd Conservation Society Steve Irwin na súa persecución ao cazadores de baleas xaponeses. O tema tamén se inclúe no capítulo de South Park Whale Whores que parodia a Whale Wars'.
"Weird Al" Yankovic parodiou a canción en "The Alternative Polka" do se álbum Bad Hair Day.