Bufo Gris
Archibald Stansfeld Belaney, nado o 18 de setembro de 1888 e finado o 13 de abril de 1938, máis coñecido como Bufo Gris ("Grey Owl"), foi un conservacionista, cazador de peles e escritor de orixe británica que finxiu ser nativo americano. Malia que conseguiu fama como conservacionista durante a súa vida, logo da súa morte revelouse que non era indíxena, xunto con outras fabricacións autobiográficas, afectaron negativamente á súa reputación.
Bufo Gris | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Archibald Stansfeld Belaney |
Alcume | Grey Owl e Wa-Sha-Quon-Asin |
Nacemento | 18 de setembro de 1888 |
Lugar de nacemento | Hastings |
Falecemento | 13 de abril de 1938 |
Lugar de falecemento | Prince Albert |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Parque Nacional Prince Albert |
Nacionalidade | Reino Unido, Canadá e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | William Parker Sports College |
Ocupación | escritor, novelista, trapper, naturalista, ecoloxista, impostor e cazador |
Cónxuxe | Anahareo |
Na rede | |
http://www.biographi.ca/en/bio/belaney_archibald_stansfeld_16E.html | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Belaney acadou a fama como escritor e relator notable, principalmente sobre temas medioambientais.[1] Traballando coa rede de parques nacionais, Bufo Gris converteuse en obxecto de numerosos filmes, e foi nomeado como "coidador dos parques de animais no Parque Nacional Riding Mountain en Manitoba" en 1931.[2] Xunto cos seus numerosos artigos, libros, filmes e lecturas, as súas visións sobre o conservacionismo acadou ó público máis aló das fronteiras do Canadá. O seu punto de vista sobre a conservación centrábase no impacto negativo dos humanos na natureza a través da modificación das fontes da natureza no seu beneficio, e na necesidade dos seres humanos en desenvolver un respecto polo mundo natural.[3]
Os recoñecementos a Belaney inclúen biografías, unha placa histórica no seu lugar de nacemento e un filme titulado Grey Owl sobre a súa vida dirixido por Richard Attenborough.[4]
Notas Editar
- ↑ John Sugden, review of Donald B. Smith, From the Land of Shadows: The Making of Grey Owl, American Indian Quarterly, verán de 1991, consultado o 4 de decembro de 2010
- ↑ Donald B. Smith, From the Land of Shadows: the Making of Grey Owl, (Saskatoon: Western Prairie Books, 1990), 92
- ↑ Tina Loo, States of Nature: Conserving Canada's Wildlife in the Twentieth Century, (Vancouver: UBC Press, 2006), 113.
- ↑ BBC - Films - review - Grey Owl
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Anahareo. Devil in Deerskins: My Life with Grey Owl. Toronto: Paperjacks, 1972.
- Attenborough, Richard, dir. Grey Owl. Guión de William Nicholson. Largo Entertainment, 1999.
- Atwood, Margaret. "The Grey Owl Syndrome", Strange Things: The Malevolent North in Canadian Literature. Oxford: Clarendon, 1995. 35–61.
- Dickson, Lovat. Wilderness Man: The Strange Story of Grey Owl. 1974.
- Smith, Donald B. From the Land of Shadows: the Making of Grey Owl. 1990.
- Ruffo, Armand Garnet, Grey Owl: The Mystery of Archie Belaney. 1996.