Buddleja
Buddleja | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Adenoplea Radlk. |
Buddleja, escrito tamén Buddleia, é un xénero da familia Scrophulariaceae, aínda que no pasado foi clasificada na súa propia familia, Buddlejaceae.
Descrición
editarA maioría das 100 especies son arbustos, poucas son árbores; os máis altos chegan a 30 m de altura, pero en xeral non superan os 5 m. Hai tanto especies perennifolias como caducifolias. Son nativas das partes cálidas do Novo Mundo desde o sur de EE. UU. até Chile, e amplamente no Vello Mundo en África e partes cálidas de Asia, ausente en Europa e en Australasia.
As especies divídense en dous grupos polo seu tipo floral, aquelas do Novo Mundo dioicas, e as do Vello Mundo monoicas.
Follas lanceoladas na maioría das especies, e en pares opostos sobre os talos (alternada nunha especie, Buddleja alternifolia); de 1 a 30 cm de lonxitude. Flores en densas panículas de 10 a 50 cm de lonxitude; cada flor individual tubular, de 1 cm de lonxitude, coa corola dividida en catro lóbulos (pétalos), de 3 a 4 mm. A cor da flor varía amplamente: branca, rosa, vermella, púrpura, laranxa ou amarela polas especies e cultivares; son ricas en néctar e frecuentemente moi aromáticas. Froito: pequena cápsula de 1 cm de lonxitude e de 1 a 2 mm de diámetro, con numerosas e pequenas sementes; en poucas especies (previamente clasificadas no xénero Nicodemia) a cápsula é branda e carnosa, formando unha baga.
Cultivo e usos
editarVarias especies son populares plantas de xardín.
A especie máis popular cultivada é a Buddleja davidii nativa da China central. Outra planta común de xardín é Buddleja globosa do sur de Chile, cun néctar fortemente aromático e flores laranxa globulares, e Buddleja alternifolia con flores lilas. Híbridos interespecíficos B. x weyeriana ( B. globosa x B. davidii ). Buddleia incana é unha árbore moi frondosa que medra na Puna andina de Perú e Bolivia (entre 3.500 e 3.800 m s. n. m. ), mentres que Buddleia coriacea, que tamén medra nas terras altas, é un arbusto empregado como combustible.
Hai especies asilvestradas procedentes de xardíns como B. davidii, que é unha gran colonizadora de terras secas; en zonas de Bretaña, pode verse prosperar en escampados, directamente como unha maleza. Aparece en vías férreas, fábricas, e outros espazos marxinais; chegando a vivir en climas continentais, con todo non soportan temperaturas por baixo de -15 a -20 °C.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 112. 1753.[2]
Buddleja: nome xenérico outorgado en honra de Adam Buddle, botánico e reitor en Essex, Inglaterra.
Nomenclatura
editarO nome correcto para o xénero sería "Buddleia". Con todo, Linné escribiu "Buddleja", e nunca llo cambiou, e por tanto, este ten prioridade. Con todo non hai unha forma preferente nos textos científicos.[3]
Especies
editarNotas
editar- ↑ "Genus Buddleja L.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 20 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2009. Consultado o 29 de novembro de 2010.
- ↑ "Buddleja". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Universidad Estatal de Oregón". Consultado o 8 de outubro de 2008.
Género Buddleja
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buddleja |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Buddleja |