Bridget Jones's Baby
Bridget Jones's Baby é un filme de 2016 dirixido por Sharon Maguire e escrito por Helen Fielding, Dan Mazer e Emma Thompson. Baséase nos personaxes creados por Fielding. É o terceiro e derradeiro filme da franquía de "Bridget Jones" e a secuela do filme de 2004 Bridget Jones: The Edge of Reason. Está protagonizado por Renée Zellweger no papel de Bridget Jones, que descobre que está embarazada. Porén, Bridget debe deducir cal dos seus dous amores recentes é en realidade o pai, o reservado avogado Mark Darcy (Colin Firth, que tamén repite o seu papel) ou o encantador empresario Jack Qwant (Patrick Dempsey ).[3] O filme marcou a volta de Zellweger á gran pantalla logo dun hiato de seis anos.
Bridget Jones's Baby | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bridget Jones's Baby |
Director | Sharon Maguire |
Produtor | |
Guión | |
Baseado en | Personaxes de Helen Fielding |
Intérpretes |
|
Música | Craig Armstrong |
Fotografía | Andrew Dunn |
Montaxe | Melanie Ann Oliver |
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures (Internacional) StudioCanal (Francia)[1] |
Estrea | Londres: 5 de setembro de 2016 |
Duración | 123 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos Francia |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 35 millóns de dólares[1] |
Recadación | 212 millóns de dólares[1] |
Filme anterior | Bridget Jones: The Edge of Reason |
Na rede | |
http://www.bridgetjonesmovie.com/ | |
A rodaxe comezou o 2 de outubro de 2015 en Londres. Estreouse nos cinemas o 16 de setembro de 2016 no Reino Unido e nos Estados Unidos. Un éxito comercial e da crítica, o filme recadou máis de 211 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 35 millóns.
Personaxes
editar- Renée Zellweger como Bridget Jones
- Colin Firth como Mark Darcy
- Patrick Dempsey como Jack Qwant
- Jim Broadbent como Colin Jones
- Gemma Jones como Pamela Jones
- Sally Phillips como Sharon "Shazzer"
- James Callis como Tom
- Shirley Henderson como Jude
- Julian Rhind-Tutt as Fergus
- Ben Willbond como Giles
- Sarah Solemani como Miranda
- Neil Pearson como Richard Finch
- Kate O'Flynn como Alice Peabody
- Joanna Scanlan como Cathy
- Emma Thompson como doutora Rawlings
- Celia Imrie como Una Alconbury
- James Faulkner como tío Geoffrey
- Enzo Cilenti como Gianni
- Jessica Hynes como Magda
- Dolly Wells como Woney
- Agni Scott como Camilla
- Shirley Dixon como Geraldine Darcy
- Donald Douglas como almirante Darcy
- Nick Mohammed como Ariyaratna
- Patrick Malahide como George Wilkins
- Katia Elizarova como Glamorous Looking Woman
- Tom Rosenthal como Josh
- Beattie Edmondson como Laura
- Laura Checkley como Susan
- Darren Boyd como Jeremy
- Bruce Wang como xeneral Lu Tong
- Chooye Bay como condutor do xeneral Lu Tong
- Janet Henfrey como Mavis Enderbury
- Rafferty Railton como Spike
- Abigail Kimber como Ruby
- Amy Jayne como Poppy
- Ed Sheeran como el mesmo
- Erron Gordon como director de Hard News
- Ashley McGuire como matrona
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Bridget Jones's Baby (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Bridget Jones's Baby (15)". British Board of Film Classification. 6 de setembro de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2016.
- ↑ "Bridget Jones's Baby review - Renée Zellweger kooks up a storm". Consultado o 19 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bridget Jones's Baby na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)