Helen Fielding

escritora británica

Helen Fielding, nada en Yorkshire o 19 de febreiro de 1958, é unha escritora inglesa, coñecida sobre todo pola súa obra Bridget Jones's Diary que no 2001 foi levada ao cine.

Infotaula de personaHelen Fielding

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Morley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Anne's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista , xornalista , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaKevin Curran (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0276144 Allmovie: p284763
Discogs: 2673114 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Literatura inglesa na Universidade de Oxford e empezou a traballar na BBC. A súa primeira novela foi Cause Celeb, unha obra baseada nas súas vivencias periodísticas en África.

Acadou a fama ao publicar na prensa británica unha columna diaria sobre unha muller de trinta anos, chamada Bridget Jones, que vive soa en Londres e traballa nunha editorial. En 1996 publicou a novela Bridget Jones's Diary, que relataba un ano na vida deste personaxe. Obtivo o premio British Book Award e chegou a ser un dos fenómenos literarios da década de 1990, tanto pola exitosa vida editorial (pois a novela logrou unhas vendas millonarias) como pola fama que lle deu a película. A novela foi levada á gran pantalla con Renée Zellweger no papel de Jones, acompañada de Colin Firth e Hugh Grant. Fielding escribiu unha segunda novela con este mesmo personaxe: Bridget Jones: The Edge of Reason.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar