A breca (Pagellus erythrinus) é un peixe da familia dos espáridos, moi común no mar Mediterráneo.

Breca
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Sparidae
Xénero: Pagellus
Especie: P. erythrinus
Nome binomial
'Pagellus erythrinus'
L., 1758
Distribución da breca
Distribución da breca

Distribución da breca

Morfoloxía editar

Ten un corpo ovalado e algo esmagado lateralmente. Na cabeza ten unha boca moi pequena e uns ollos de menor tamaño que os doutros peixes do mesmo xénero, sendo a boca maior que o diámetro do ollo[1] -isto distíngueo doutras especies do xénero-. É de cor gris cunha tonalidade vermella sobre todo polo lombo. Nunca con bandas nin raiado, aínda que lle poden aparecer bandas cando está asustado.

Un exemplar típico pode medir entre 1 e 3 dm de lonxitude, pero describíronse casos de adultos que alcanzan os 6 dm e 3,2 kg.[2] Presenta unha ducia de espiñas na aleta dorsal e unhas 3 espiñas na aleta anal.

Hábitat e bioloxía editar

Distribúese pola costa leste do océano Atlántico desde o mar do Norte até Cabo Verde, presente nos arquipélagos das Canarias, Azores e Madeira, sendo típico tamén de todo o mar Mediterráneo.[3]

Atópase desde augas moi próximas á costa, en diversos tipos de fondo -rochas, grava, area ou algas- onde adoita vivir en pequenos grupos, aínda que en inverno desprázase a augas profundas de até os 200 m de profundidade no Mediterráneo ou os 300 m no Atlántico.

A breca é hermafrodita secuencial protoxino, pasando os seus dous primeiros anos de vida reproducíndose como unha femia, para a partir do terceiro ano ser un macho cando superan uns 17 cm de lonxitude.

É un peixe omnívoro, pero aliméntanse preferentemente de animais, como pequenos peixes e invertebrados da zona bentónica.[4]

Pesca e gastronomía editar

É un peixe popular nos países do Mediterráneo, cunha delicada carne branca, con importante presenza nos mercados, aínda que dun prezo intermedio. Acostúmase pescar con rede ou con anzol.

Non é de todo inofensivo, describíronse casos de envelenamento por ciguateira.[5]

Notas editar

  1. Muus, B.J. and J.G. Nielsen, 1999 Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark. 340 p.
  2. Bauchot, M.-L. and J.-C. Hureau, 1986 Sparidae. p. 883-907. In P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen and E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. volume 2. UNESCO, Paris.
  3. Sanches, J.G., 1991 Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16. 429 p.
  4. Bauchot, M.-L. and J.C. Hureau, 1990 Sparidae. p. 790-812. In J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisbon; SEI, Paris; and UNESCO, Paris. Vol. 2.
  5. Halstead, B.W., P.S. Auerbach and D.R. Campbell, 1990. A colour atlas of dangerous marine animals. Wolfe Medical Publications Ltd, W.S. Cowell Ltd, Ipswich, England. 192 p.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar