Bray Wanderers A.F.C.
O Bray Wanderers Association Football Club (en irlandés Cumann Peile Fánaithe Bhré) é un club de fútbol irlandés da localidade de Bray, no condado de Wicklow (Leinster). Actualmente o club compite na League of Ireland Premier Division. O club foi fundado en 1942 e ascendeu á máxima categoría do fútbol irlandés en 1985.
Bray Wanderers | |||
---|---|---|---|
Nome | Bray Wanderers Association Football Club Cumann Peile Fánaithe Bhré | ||
Alcume(s) | The Seagulls | ||
Fundación | 1942 | ||
Estadio | Carlisle Grounds, Bray, Irlanda | ||
Capacidade | 3.185 espectadores sentados | ||
Presidente | Eddie Slevin | ||
Adestrador | |||
Liga | First Division | ||
Temp. 2024 | 5º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Patrocinador | Sports World | ||
Na rede | |||
http://www.braywanderers.ie/ | |||
| |||
Historia
editarO club foi fundado orixinalmente en 1922, cando algúns membros do St. Kevin's Gaelic Football Club de Bray deixaron o club como resultado dunha disputa e formaron un club de fútbol chamado Bray Wanderers. O club destacou durante estes anos na categoría xúnior, na que gañou a Miller Cup na tempada 1927-28. A pesar deste éxito, o equipo desapareceu durante os anos '30 e '40, cando o principal club da cidade foi o Bray Unknowns F.C., que xogou a liga entre 1924 e ata mediados dos '40.
En 1942 o club foi refundado e ingresou na Athletic Union League (AUL), na terceira división, na tempada 1943-44. Na tempada 1950-51 gañou a FAI Junior Cup ao derrotant ao Drogheda United por 2-1. Repetiu título na 1953-54, a derrotar ao Ierne por 1-0 na final. A seguinte tempada deixou a AUL e afiliouse á Leinster Senior League (LSL).
Gañou a Intermediate Cup os anos 1955-56 e 1957-58 e a LSL os anos 1957-58, 1958-59 e 1960-61. Este último ano deixou a LSL e retornou á AUL, comezando un novo declive. En 1973, o Bray Unknowns disputaba a LSL e decidiu trocar o seu nome por Bray Wanderers nun intento de unir esforzos dos dous clubs. En 1985 foi escollido para ingresar na League of Ireland, na que se acababa de crear a First Division, da que finalmente se proclamou campión.
Rexistros europeos
editarParticipacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 8 |
Participacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 1 | 3 |
Total:
Participacións | Partidos | Gañados | Empatados | Perdidos | A favor | En contra |
---|---|---|---|---|---|---|
2 | 4 | 0 | 1 | 3 | 1 | 11 |
Opoñentes
editarTempada | Competición | País | Equipo | Resultado |
---|---|---|---|---|
1990-91 | Recopa de Europa Rolda clasificatoria | Trabzonspor | 1-1, 0-2 (1-3) | |
1999-00 | UEFA Cup Rolda clasificatoria | Grasshopper Club Zürich | 0-4, 0-4 (0-8) |
Palmarés
editarLigazóns
editar Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |