Bradley Beal

baloncestista estadounidense

Bradley Emmanuel Beal Sr., nado o 28 de xuño de 1993 en St. Louis, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Bradley Beal
Phoenix Suns – No. 3
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 28 de xuño de 1993 (31 anos)
St. Louis, Missouri
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Información da carreira
Instituto Chaminade College Prep. School
(Creve Coeur, Missouri)
Universidade Florida (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Washington Wizards
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Washington Wizards (2012–2023)
Phoenix Suns (2023–presente)

Instituto

editar

Beal acudiu ao Chaminade College Preparatory School en St. Louis, Missouri. Competiu cos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIFA sub-17 de 2010, conseguindo a medalla de ouro con Beal acadando 18 puntos por partido.[1] Durante o seu ano coma sénior no instituto, Beal fixo 32.5 puntos, 5.7 rebotes e 2.8 asistencias por partido. Ao remate desa tempada, foi elixido Mr. Show-Me Basketball de 2011, galardón entregado ó mellor xogador de baloncesto de instituto do estado de Missouri.[2] Foi ademais nomeado Xogador do Ano Gatorade de 2011.

Traxectoria universitaria

editar

Beal decidiu ir á Universidade de Florida o 30 de novembro de 2009.[3] No seu primeiro partido en Florida, Beal foi titular e anotou 14 puntos. Foi nomeado Freshman da Semana o 28 de novembro de 2011, tras facer 8.5 puntos, 7 rebotes, 2 asistencias e 1.5 roubos de balón nas vitorias contra Wright State e Jacksonville.[4] Beal gañaría outros cinco premios de Freshman da Semana, e foi elixido no mellor equipo de Freshman da tempada.[5] Beal rematou a tempada coma o segundo maior anotador do equipo con 14.8 puntos por partido.

O 13 de abril de 2012, Beal anunciou que non ía disputar a súa tempada coma sophomore, e declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2012.[6]

Traxectoria profesional

editar

O 28 de xuño de 2012, Beal foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Washington Wizards.

  1. "FIBA.com-2010 FIBA U17 World Championship for Men Top Players". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. "Mr. and Miss Show-Me Basketball". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  3. "Rivals.com-Brad Beal recruiting profile". 
  4. "Beal Named SEC Freshman of the Week". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  5. "Three Gators Earn Men's Basketball All-SEC Honors, Young Named Scholar-Athlete of the Year". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  6. Harry, Chris. "Bradley Beal Informs Gators of Intentions to Turn Pro". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 13 de abril de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar