O bossaball é un xogo de equipo desenvolvido con elementos de varios deportes: voleibol, fútbol e capoeira. Baseado nas regras do voleibol, xógase sobre unha superficie de colchóns inchables e camas elásticas, e permite maior número de toques e moita maior espectacularidade nos saltos.

Xogador posicionado para un smash.
Campo de bossaball.

Inventado en España polo empresario belga Filip Eyckmans en 2004, introduciuse por primeira vez nas praias españolas no verán de 2005.

Regras de xogo editar

No bossaball enfróntanse dous equipos separados por unha rede. Pódese xogar en equipos de tres, catro ou cinco xogadores. O obxectivo é pasar a pelota por encima da rede e conseguir que a pelota toque o campo contrario. Cada equipo pode tocar o balón ata un máximo de oito veces dentro do seu propio campo, preparando o seu propio ataque antes de devolvelo alén da rede. O balón pode tocar calquera parte do corpo pero só unha vez coa man ou dúas veces consecutivas co pé ou a cabeza.

O campo está formado por colchóns inflables, e nas proximidades da rede sitúanse dúas camas elásticas. O xogador situado na cama elástica salta cara á posición idónea para lograr un smash espectacular.

Cando o balón toca o campo do adversario anótase un punto; tres puntos se o balón toca a cama elástica do rival. Se o balón impacta na bossawall, a zona vermella ao redor das camas elásticas, non se anota e o xogo continúa.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar