Borja Fernández Fernández (1981)
Francisco de Borja Fernández Fernández,[1] nado en Ourense o 14 de xaneiro de 1981, é un adestrador e exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.
Borja Fernández | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco de Borja Fernández Fernández | ||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1981 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Valladolid | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
?–1996 | Pabellón | ||
1996–2000 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2001 | Real Madrid C | ||
2001–2003 | Real Madrid B | 72 | (4) |
2003–2006 | Real Madrid | 31 | (0) |
2005–2006 | → Mallorca (cedido) | 21 | (0) |
2006–2010 | Valladolid | 128 | (3) |
2010–2014 | Getafe | 57 | (1) |
2011–2012 | → Deportivo (cedido) | 22 | (2) |
2014 | Atlético de Kolkata | 16 | (1) |
2015 | Eibar | 16 | (1) |
2015 | Atlético de Kolkata | 15 | (1) |
2016 | Valladolid | 17 | (0) |
2016 | Atlético de Kolkata | 16 | (0) |
2017 | Almería | 20 | (2) |
2017–2019 | Valladolid | 53 | (3) |
Selección nacional | |||
1997–1998 | España sub-16 | 10 | (0) |
1998–1999 | España sub-17 | 9 | (0) |
1999–2000 | España sub-18 | 4 | (0) |
2002–2003 | España sub-21 | 2 | (0) |
2005–2008 | Galicia | 4 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de xaneiro de 2019 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFutbolista
editarBorja Fernández foi formado na canteira do Real Madrid, onde chegou con 15 anos procedente do Pabellón Club de Fútbol, pasando polo terceiro e segundo equipo ata chegar ao primeiro equipo, no que debutou contra o Villarreal CF (1-1). Disputou co equipo branco un total de 23 partidos en Liga, 11 de Copa e 4 de Liga de Campións. Foi cedido ao Mallorca onde non chegou a despuntar e ao principio da tempada 2006-07 foi traspasado ao Real Valladolid. En xuño de 2010 chegou libre ao Getafe CF, polo que asinou 4 anos. O 22 de agosto de 2011 anunciouse que xogaría unha tempada no Deportivo da Coruña en calidade de cedido.[2]
Adestrador
editarEn abril de 2024 fichou como adestrador da UD Ourense, de Terceira RFEF.
Selección nacional
editarBorja foi internacional coa Selección galega de fútbol.
Palmarés
editar- Valladolid
- Deportivo
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán)
- Feliz vidaArquivado 07 de abril de 2019 en Wayback Machine., web persoal de Borja Fernández.