Boomerang Fu, é un xogo de acción con boomerangs -o xogo pertence aos coñecidos como Battle Royale- protagonizado por criaturas antropomórficas con forma de comida, desenvolvido por Cranky Watermelon. Permite que ata seis xogadores xoguen localmente. O xogo foi lanzado para as plataformas: Windows, Nintendo Switch e Xbox One o 13 de agosto de 2020. Para PlayStation 4 e PlayStation 5 o 13 de xaneiro de 2022.

Boomerang Fu
Lanzamento13 de agosto de 2020
Modos de xogovideoxogo para un xogador, videoxogo multixogador e modo cooperativo
Plataforma(s)Microsoft Windows, Nintendo Switch e PlayStation 4
Na rede
https://www.boomerangfu.com/
editar datos en Wikidata ]

Como se xoga? editar

Podes seleccionar un dos 14 personaxes de comida desbloqueables1: Berenxena, Aguacate, Plátano, Leite, Sandía, Rosca, Café, Xeado, Pan, Touciño, Cenoria, Sushi, Hamburguesa, Salsa Picante.2 Cada participante pode fuxir ou loitar contra os adversarios cun boomerang ou coa axuda de poderes que atoparás como elementos en forma de libro distribuídos no escenario. Os poderes van desde a teletransportación, a transformación en obxectos ou a queima dos teus inimigos1

Agradecementos editar

Boomerang Fu foi galardoado coa Mellor Gameplay nos Australian Game Developer Awards de 2020. O xogo tamén foi nomeado como Mellor Son e Xogo do Ano, pero perdeu ante Audioplay: Alien Strike e Moving Out, respectivamente. Tamén recibiu un nomeamento ao mellor son para medios interactivos nos Australian Screen Sound Guild Awards de 2020.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar