Bonasa umbellus
Bonasa umbellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, a única actualmente admitida como válida no xénero Bonasa.[2]
Bonasa umbellus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bonasa umbellus no Algonquin Provincial Park, Ontario, Canadá. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Bonasa umbellus (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Bonasa umbellus
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Endémica de América do Norte, é a ave estatal de Pensilvania.[3]
Características
editarMide ao redor de 45 cm de lonxitude, e ten un peso que varía desde os 680 aos 850 g nos machos e de 481 a 623 g nas femias.[4]
Semella unha pequena galiña cunha crista de plumas na parte superior da cabeza. No pescozo ten un colar negro ou pardo avermellado. A cola dos machos desprégase en abano cando camiña ou voa. Unha banda subterminal parda adorna a cola. A femia é máis pequena, e presenta unha raia subterminal interrompida no medio do abano da cola. O macho leva tamén dúas manchas en forma de ollo nas plumas de ambos os lados do ano.[4]
Presenta dúas coloracións diferentes na cola: avermellada no sur da área de dispersión e gris no note.[4]
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarO seu hábitat son os bosques mixtos caducifolios e de coníferas.
Distribución
editarDistibúese polo Canadá e o norte dos Estados Unidos, de costa a costa, estendéndose desde o norte de Xeorxia e o nordeste de Alabama, polo sur, até o Labrador. E na área da costa oeste, esténdese desde o noroeste de California até Alasca.
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarO xénero foi definido en 1819 polo naturalista inglés James Francis Stephens, en General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198–303.[5]
Especie
editarEn canto a especie fora definida en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tetrao umbellus,[6] e posteriormente reclsificada dentro de Bonasa.
Etimoloxías
editarXénero
editarO nome científico do xénero, Bonasa, é probabelmente unha alteración do latín bonasus, 'uro', pola similitude do característico son que emiten estes animais como dun redobre de tambor que recorda ao bramido dun touro.[7]
Especie
editarO epítreto específico, umbellus deriva o latín umbella, 'parasol', en alusión á forma da cola despregada polos machos durante a exhibición na época de celo.[8]
Subespecies
editarNa especie recoñécense na actualidade as seguintes subespecies:[2][9]
- Bonasa umbellus affinis Aldrich & Friedmann, 1943
- Bonasa umbellus brunnescens Conover, 1935
- Bonasa umbellus castanea Aldrich & Friedmann, 1943
- Bonasa umbellus incana Aldrich & Friedmann, 1943
- Bonasa umbellus labradorensis Ouellet, 1990
- Bonasa umbellus mediana Todd, 1940
- Bonasa umbellus monticola Todd, 1940
- Bonasa umbellus obscura Todd, 1947
- Bonasa umbellus phaios Aldrich & Friedmann, 1943
- Bonasa umbellus sabini (Douglas, 1829)
- Bonasa umbellus togata (Linnaeus, 1766)
- Bonasa umbellus umbelloides (Douglas, 1829)
- Bonasa umbellus umbellus (Linnaeus, 1766)
- Bonasa umbellus yukonensis Grinnell, 1916
Galería de imaxes
editar-
Macho coa cola despregada en abano durante o cortexo nupcial
-
Femia cos pitos
-
Camiñando pola neve
-
Pegada na neve
-
Ovo
-
Niñada
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016): Bonasa umbellus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 8 de xaneiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Bonasa Stephens, 1819 no ITIS.
- ↑ Trostle, Sharon, ed. (2009). The Pennsylvania Manual 119. Harrisburg: Pennsylvania Department of General Services. ISBN 0-8182-0334-X.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Ruffed Grouse Life History en TheCornellLab of Ornothology. Cornell University.
- ↑ General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198-303.
- ↑ Tetrao umbellus Linnaeus, 1766 no GBIF.
- ↑ Bonasa no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.
- ↑ umbella no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.
- ↑ Gill, F. & Donsker, D., eds. (2015): "IOC World Bird List". worldbirdnames.org. International Ornithologists Union Committee on Nomenclature. Consultada o 8 de decembro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonasa umbellus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bonasa umbellus |
Bibliografía
editar- De Juana, E. (1994). "Family Tetraonidae (Grouse)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 376–411. ISBN 84-87334-15-6.
- Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
- Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60.
- Ohio Ornithological Society (2004): Annotated Ohio state checklist.
- Peterson, R. T. (2010): Peterson Field Guide to Birds of Western North America, Fourth Edition. Nova York: Houghton Miffin Hartcourt Publishing Company. ISBN 978-0-5471-5270-7.
- State Symbols of Pennsylvania: State Bird, The Ruffed Grouse PDF fulltext