Coordenadas: 54°22′00″N 8°28′00″O / 54.366666666667, -8.4666666666667

Binn Ghulbain[1][2] é unha montaña tabular de 526 m de altura[3] no condado de Sligo, en Irlanda. Tamén é coñecida polo seu nome en inglés Benbulbin, e ás veces tamén Ben Bulben ou Benbulben. Forma parte das montañas Dartry e atópase nunha zona coñecida tamén como "o país de Yeats". Binn Ghulbain é un espazo protexido do condado de Sligo.

Binn Ghulbain
Cara norte de Binn Ghulbain.
Cara norte de Binn Ghulbain.
Localización xeográfica
CordilleiraMontañas Dartry
Localización administrativa
Localización
Binn Ghulbain en Irlanda
Binn Ghulbain
Binn Ghulbain

Condado de Sligo, Irlanda Irlanda
Características xerais
Altitude526 m

Ascenso editar

A escalada pola cara norte é perigosa principalmente porque soporta o choque dos ventos fortes que chegan dende o Atlántico. Pola contra, a escalada pola cara sur é doada.

Na literatura editar

O célebre poema Under Ben Bulben escrito por William Butler Yeats é basicamente unha descrición de Binn Ghulbain e do "país de Yeats". Foi a súa derradeira poesía e foi publicada no The Irish Times[4].

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. logainm.ie (ed.). "Binn Ghulbain". Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  2. maps.osi.ie (ed.). "Binn Ghulbain". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  3. "Benbulbin - Binn Ghulbain". Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  4. Joyce, Joe (18 de setembro de 2009). "WB Yeats laid to rest in Drumcliffe". irishtimes.com. Consultado o 11 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar