Bidania-Goiatz

Coordenadas: 43°08′27″N 02°09′30″O / 43.14083, -2.15833

Bidania-Goiatz (ata 2013 Bidegoian) é un concello do centro da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Tolosaldea, a 36 km de Donostia.

Vista de Bidania-Goiatz.

O concello naceu en 1964 cando se fusionaron os concellos de Bidania e Goiatz, situados a 1 km de distancia. O seu termo municipal ten unha extensión de 13,37 km². Limita ao norte con Errezil, ao sur e oeste con Beizama e ao leste con Albiztur. Ten tamén un pequeno enclave ao norte de Itsasondo. Tiña en 2015 unha poboación de 526 habitantes.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar