Betuláceas

familia de árbores
(Redirección desde «Betulácea»)
Betuláceas (Betulaceae)

O carpe (Carpinus betulus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae
Xéneros

Véxase no texto

Sinonimia
  • Carpinaceae
  • Corylaceae

Betulaceae, as Betuláceas, son unha familia da orde das fagais. Está composta por árbores ou arbustos dicotiledóneos caducifolios e monoicos que se atopan en rexións temperadas e zonas de montaña nos trópicos. A ela pertencen os amieiros e os bidueiros.

No pasado, esta familia estaba dividida en dúas, Betulaceae (Alnus e Betula) e Corylaceae (o resto); porén, estudos recentes no Angiosperms Phylogeny Group, levaron a incluír a antiga familia Corylaceae dentro das Betulaceae.

Descrición

editar

Posúen follas simples, alternas, con estípulas caedizas. Flores masculinas con perianto sinxelo, en grupos de 3 na axila dunha bráctea, dispostas en candeas pénsiles. Flores femininas sen perianto, de xineceo ínfero bicarpelar, en grupos de 2 ou 3 na axila dunha bráctea, dispostas en candeas dereitas. As brácteas florais están acompañadas por xeralmente dúa bractéolas. Polinización anemófila. Froitos en núcula aplanada, a miúdo con ás, situados nunha infrutescencia estrobiliforme formada polas brácteas e bractéolas acrecidas e endurecidas. Arredor de 70 a 157 especies repartidas en 6 xéneros (véxase cadro), a meirande parte naturais dos países temperados do hemisferio norte.

Xéneros

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar