Beta-leucina

composto químico

A beta-leucina (β-leucina) é un beta-aminoácido e isómero posicional da L-leucina que se produce naturalmente en humanos polo metabolismo da L-leucina pola acción do encima leucina 2,3-aminomutase.[1][2][3] En individuos con deficiencia de cobalamina (vitamina B12), as concentracións plasmáticas de β-leucina son elevadas.[3]

β-Leucina
Identificadores
Número CAS 5699-54-7
PubChem 2761558
ChemSpider 167837
KEGG C02486
ChEBI CHEBI:15604
3DMet B00449
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C6H13NO2
Masa molar 131,17 g mol−1
Perigosidade
Pictogramas GHS Pictograma do signo de exclamación no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHS Warning
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Biosíntese e metabolismo en humanos editar

Unha pequena fracción do metabolismo da L-leucina (menos do 5% en todos os tecidos menos nos testículos, onde chega ao 33%) é catalizada inicialmente pola leucina aminomutase, producindo β-leucina, que é despois metabolizada a β-cetoisocaproato (β-KIC), despois a β-cetoisocaproíl-CoA, e finalmente a acetil-CoA por medio dunha serie de encimas non caracterizados.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Kohlmeier M (maio de 2015). "Leucine". Nutrient Metabolism: Structures, Functions, and Genes (2ª ed.). Academic Press. pp. 385–388. ISBN 978-0-12-387784-0. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 6 de xuño de 2016. Combustible enerxético: Finalmente, a maioría da Leu é degradada, proporcionando unhas 6,0kcal/g. Aproximadamente o 60% da Leu inxerida é oxidada en poucas horas ... Cetoxénese: Unha proporción significativa (40% dunha dose inxerida) é convertida en acetil-CoA e así contribúe á síntese de cetonas, esteroides, ácidos graxos e outros compostos. 
    Figure 8.57: Metabolism of L-leucine [https://web.archive.org/web/20180322000056/https://books.google.com/books?id=aTQTAAAAQBAJ&pg=PA386 Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 "Leucine metabolism". BRENDA. Technische Universität Braunschweig. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Human Metabolome Database: Showing metabocard for Beta-Leucine (HMDB0003640)". 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.