Bessie Coleman
Bessie Coleman, nada o 26 de xaneiro de 1892 e finada o 30 de abril de 1926, foi unha piloto civil estadounidense. Foi a primeira muller de ascendencia afroamericana, e tamén a primeira muller de ascendencia indíxena, en obter unha licenza de piloto.[1][2][3] Conseguiu a súa licenza de piloto internacional en 1921.[2][3][4] Nada no seo dunha familia de parceiros de Texas, comezou a traballar nos campos de algodón dende moi nova, pero tamén asistía a unha pequena escola segregada, chegando a asistir á Universidade Langston. Desenvolveu un temperán interese pola aviación, pero os afroamericanos, nativos americanos e mulleres non tiñan oportunidade de asistir a escolas de voo nos Estados Unidos. Por ese motivo, aforrou cartos para ir a Francia e converterse nun piloto con licenza. Axiña se converteu nunha exitosa piloto de exhibición nos Estados Unidos e o seu obxectivo era abrir unha escola de aviación para afroamericanos. Morreu nun accidente en 1926 cando estaba a probar o seu novo avión. O seu papel como muller pioneira serviu de inspiración para outros pilotos e para as comunidades afroamericanas e nativas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Elizabeth Coleman 26 de xaneiro de 1892 Atlanta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 30 de abril de 1926 (34 anos) Jacksonville, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Lugar de sepultura | Lincoln Cemetery (en) |
Residencia | Waxahachie (pt) Langston (pt) Atlanta (pt) Chicago |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Langston University (en) Caudron School of Aviation (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Chicago |
Ocupación | aviadora, Activista polos dereitos humanos, stunt pilot (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women |
Sitio web | bessiecoleman.org |
Traxectoria
editarColeman naceu o 26 de xaneiro de 1892 en Atlanta, Texas, a décima de trece fillos dos parceiros George Coleman, que era un cherokee con parte afroamericana, e Susan, que era afroamericana.[3][5][6]
Recoñecementos
editarA figura de Bessie Coleman foi a elixida como protagonista da primeira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos, na súa emisión de 2023.[7]
Notas
editar- ↑ "Bessie Coleman (1892-1926)". PBS.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Some Notable Women In Aviation History". Women in Aviation International. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 10 de abril de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Onkst, David H. (2016). "Women in History: Bessie Coleman". Natural Resources Conservation Service Nevada. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Pioneer Hall of Fame". Women in Aviation International. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2008. Consultado o 10 de abril de 2008.
- ↑ Ganson, Barbara (2014). Texas Takes Wing: A Century of Flight in the Lone Star State. Austin, Texas: University of Texas Press. p. 46. ISBN 978-0-292-75408-9.
- ↑ "Texas Roots". BessieColeman.com. Atlanta Historical Museum. 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Bessie Coleman Quarter". United States Mnit.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
editar- King, Anita (1976). "Brave Bessie: First Black Pilot". Essence Magazine. Parts 1 & 2 (May, June).
- Bilstein, Roger (1985). Aviation in Texas. Austin: Texas Monthly Press. ISBN 9780932012951.
- Freydberg, Elizabeth Hadley (1994). Bessie Coleman: The Brownskin Lady Bird. Garland. ISBN 9780815314615.
- Fisher, Lillian M. (1995). Brave Bessie: Flying Free. Hencrick-Long. ISBN 9780937460948.
- Hart, Philip S. (1996). Up in the Air: The Story of Bessie Coleman. Trailblazer Biographies. First Avenue Editions. ISBN 978-0876149782.
- Johnson, Dolores (1997). She Dared to Fly: Bessie Coleman. Nova York: Benchmark Books. ISBN 978-0761404873.
- Plantz, Connie (2001). Bessie Coleman: First Black Woman Pilot. African-American Biographies. Enslow Publishers. ASIN B01K3N5GUM.
- Holway, John R. (2012). Bessie Coleman: Pioneering Black Woman Aviator. ISBN 9780985738914.