Bernardo Mateo Sagasta

enxeñeiro e político galego
(Redirección desde «Bernardo Mateo-Sagasta»)


Bernardo Mateo Sagasta Echeverría, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1866 e finado o 2 de novembro de 1937, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Modelo:BiografíaBernardo Mateo Sagasta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′01″N 3°43′47″O / 40.400231, -3.729794 Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro agrónomo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiPedro Mateo Sagasta Editar o valor en Wikidata
ParentesPráxedes Mateo Sagasta, curmán entregue Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1360369

Traxectoria

editar

Fillo de Pedro Mateo Sagasta Escolar[1]. Foi Inspector xeral do Corpo de Enxeñeiros Agrónomos, e director da Escola especial do seu Corpo. Presidente da Asociación de Enxeñeiros Agrónomos. Vocal da Comisión permanente de Pesas e Medidas e do Consello Superior de Agricultura, Industria e Comercio. Delegado de España en varios congresos internacionais. Director xeral do Instituto Xeográfico e Estatístico e de Correos e Telégrafos (1910-1913).

Foi Ministro de Facenda interino durante a ausencia de Ángel Urzáiz no verán de 1905[2]. Membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[3].

Membro do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Caldas de Reis nas eleccións de 1893. Continuou representando o distrito nas sucesivas eleccións ata 1923.

Convencido de que Miguel Primo de Rivera quería destruír o Expediente Picasso -informe redactado polo xeneral Juan Picasso González, destinado no Consello Supremo de Guerra e Mariña, en relación aos feitos acontecidos na Comandancia Xeral de Melilla nos meses de xullo e agosto de 1921: o chamado Desastre de Annual e o abandono das posicións- Mateo Sagasta rescatou o expediente dos arquivos e ocultouno na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos, da que era director. Alí permaneceu ata a chegada da Segunda República, cando devolveu o Expediente ao Congreso en 1931.

  • Importancia del agua en la agricultura, discurso leido en la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales y contestación de Joaquín María Castellarnau, Madrid, Imprenta Renacimiento, 1916.
  1. xenealoxía Sagasta Echevarría, Bernardo
  2. 31/08/1905 [BOE 01/09/1905] a 11/09/1905 [BOE 12/09/1905]
  3. Relación de académicos 1847-2003

Véxase tamén

editar