Bernardo Fernández Requeixo
sindicalista e político galego
Bernardo Fernández Requeixo, nado en Vilalba, é un sindicalista e político galego.
Bernardo Fernández Requeixo | |
---|---|
Lugar de nacemento | Vilalba |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Militante da UPG. Foi elixido Secretario xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas no I Congreso celebrado o 29 de abril de 1977 en Sigueiro. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba Bernardo Fernández e Francisco García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo[1]. Integrouse na CXTG da que foi secretario comarcal de Santiago en 1989.[2]
NotasEditar
- ↑ Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego
- ↑ La Voz de Galicia, 18-2-1989. p. 24.